España

O 25 % do alumnado de primeiro de carreira da Universidade de Navarra cursa algunha materia en éuscaro

Desde a Universidade Pública de Navarra opinan que se debe seguir traballando para aumentar a docencia en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Termcat publica un novo dicionario en liña dedicado á química orgánica e inorgánica

Este dicionario en liña publicado polo Termcat inclúe máis de 800 termos dos campos da química orgánica e inorgánica. Cada entrada contén as denominacións catalás do termo acompañadas da súa categoría léxica e os seus equivalentes en inglés e castelán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Donostia acollerá a presentación do Atlas de Linguas do Mundo da Unesco

O vindeiro 16 de decembro a Unesco presentará en Donostia o seu Atlas das Linguas do Mundo, que inclúe todos os idiomas existentes co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística mundial.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Aumenta o número de euscaldúns na provincia de Áraba, malia que o éuscaro continúa a ser minoritario

Segundo un estudo, os euscaldúns arabeses pasaron 15 ao 20 % en cinco anos, o problema é que, malia coñecer o éuscaro, apenas o 6 % deles o fala habitualmente.

Fonte: EiTB

País Vasco

O Goberno de Navarra rotulará de forma bilingüe os carteis viarios de entrada á Comunidade Foral

Todos os carteis que indican a entrada á Comunidade Foral de Navarra na Rede de Estradas estarán en castelán e en éuscaro, independentemente da súa localización en zona vascófona, mixta ou non vascófona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno de Aragón organiza uns obradoiros infantís para ensinar aragonés

O obxectivo destes obradoiros, impulsados polo Goberno de Aragón e patrocinados por Ibercaja, é que os nenos aprendan aragonés a través de actividades lúdicas.

Fonte: ABC

Aragón

Barcelona acolle a IV Asemblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas

As linguas minorizadas esixiron a protección da Comisión Europea nesta asemblea da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN). O galego estivo presente a través da Mesa pola Normalización Lingüística, cuxo presidente, Marcos Maceira, asumiu unha das vicepresidencias da ELEN.

Fonte: Praza Pública

Cataluña

Ponse en marcha unha iniciativa en Donostia para promover o uso do éuscaro no comercio

Máis de mil comercios de Donostia mostran nos seus escaparates o distintivo co que se informa a clientela de que pode recibir atención en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Recorren as probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe o persoal eventual

O sindicato LAB vai recorrer a convocatoria extraordinaria de probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe tamén nelas o persoal eventual.

Fonte: El Correo

País Vasco

As direccións xerais de Política Lingüística de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana unen forzas para promover o catalán

A direccións xerais de Política Lingüística destes territorios reuníronse para debater as formas de traballar conxuntamente para poder impulsar o catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder