España
Convócase un premio que recoñece o labor de difusión do catalán de Aragón
O Premio Desideri Lombarte recoñece un labor continuo e destacado de defensa do catalán de Aragón, en calquera ámbito, xa sexa social, cultural, deportivo, artístico ou económico.
Fonte: El Periódico
O 60% das familias do alumnado do Colexio Rural Agrupado de Cubillos del Sil apoia que se ensine galego no centro
Co Colexio Rural Agrupado de Cubillos del Sil elévase a 18 o número de centros educativos da comarca do Bierzo nos que se impartirá o vindeiro curso o ensino de lingua galega.
Fonte: Diario de León
O Concello de Pamplona convoca axudas para impulsar o emprego do éuscaro entre a mocidade
O Concello de Pamplona destinará 20 000 euros a axudas para que mozas e mozos da cidade poñan en marcha proxectos culturais e artísticos en éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Un premio recoñecerá os mellores traballos de xornalismo en éuscaro
O Premio de Xornalismo Rikardo Arregi, convocado polo Concello de Andoain e que chega á súa XXIX edición, recoñece os mellores traballos xornalísticos en éuscaro.
Fonte: El Periódico
Investigadores da Universidade de Málaga deseñan un método para calcular a riqueza léxica individual
Segundo este método, que calcula a cantidade e a calidade do vocabulario dos falantes, as persoas con educación superior presentan maior riqueza léxica (un 40% máis) que as que teñen pouca formación ou carecen dela.
Fonte: Sinc
Propoñen a creación dunha comisión sobre o éuscaro integrada por Euskadi, Navarra e o País Vasco francés
A iniciativa partiu do Parlamento vasco que propuxo crear unha comisión de normalización lingüística e apoio ao éuscaro que estea formada polos gobernos vasco e navarro, e pola institución común dos territorios do País Vasco francés.
Fonte: Expansión
Xa está dispoñible a versión en catalán de dúas normas ISO de xestión de documentos
O Centro de Termoloxía TERMCAT é o responsable da versión en catalán de dúas novas normas ISO: a UNE-ISO 30302 e a UNE-ISO 23081-2:2011.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ábrese a convocatoria para participar no premio á calidade lingüística no ámbito empresarial
Ata o día 28 de abril pódense presentar as candidaturas ao Premio Peme á Calidade Lingüística no sector empresarial, impulsado por PIMEC coa colaboración da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un proxecto convida o alumnado a buscar cazapos ortográficos
No proxecto educativo Gazapon Go participaron 25 colexios de oito comunidades autónomas. Con esta iniciativa convídase os alumnos a que "capturen" cazapos, erratas e erros lingüísticos que atopen no seu día a día.
Fonte: La Vanguardia
Ponse en marcha unha campaña na Comunidade Valenciana para pedir unha lei de igualdade lingüística
Con gallo do 30 aniversario das Trobades d'Escoles Valencianes, a organización Escola Valenciana solicitoulle ao Goberno da comunidade a creación dunha lei de igualdade lingüística.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín