España
Ponse en marcha en Pamplona un programa de fomento da lectura en éuscaro
Euskaltzaleen Topagunea organiza unha campaña para fomentar a lectura de libros en éuscaro à que se uniu o Concello de Pamplona, as bibliotecas públicas e varias librerías.
Fonte: Noticias de Navarra
A televisión pública de Asturias contará cun espazo infantil en lingua asturiana
Este espazo infantil en lingua asturiana, que leva por título Fálame, responde a unha demanda dos colectivos que defenden este idioma, por considerar que este tipo de programación resulta fundamental para a súa normalización.
Fonte: Asturies.com
Entréganse os premios Martí Gasull i Roig de recoñecemento á defensa da lingua catalá
A Plataforma pola Lingua outorgou Premio Martí Gasull i Roig á Comunidade Sikh de Cataluña pola súa defensa do catalán. Tamén se recoñeceu o labor do lingüista Albert Jané quen recibiu o Premio Especial do Xurado pola súa traxectoria.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O persoal das Cortes valencianas forma parellas lingüísticas para practicar valenciano
O persoal que traballa nas Cortes, así como deputados e deputadas dos diferentes grupos políticos, uníronse ao programa de voluntariado para formar un total de 25 parellas lingüísticas que se xuntarán durante unha hora á semana para practicar valenciano.
Fonte: 20minutos
Preséntase un buscador de apps en catalán
Cercaapps é o nome deste buscador de aplicacións en catalán para dispositivos móbiles que na actualidade inclúe arredor de 200, un número que se irá ampliando progresivamente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O vindeiro curso porase en marcha un plan piloto para o uso do asturiano como lingua vehicular nalgunhas materias
Este proxecto piloto, impulsado pola Consellería de Educación e Cultura, porase en marcha nos centros de Primaria que teñan unha matriculación en asturiano próxima ao 100%.
Fonte: Asturies.com
O Goberno vasco fomentará que o alumnado inmigrante se matricule en éuscaro
O Plan de atención ao alumnado inmigrante recolle que estes estudantes, na Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria, se escolarizarán preferentemente en centros co modelo lingüístico euscaldún.
Fonte: El Diario
A futura Lei de función pública obrigará a acreditar algún nivel de valenciano para acceder a un emprego público
Ata agora o valenciano só era requisito para o persoal docente, pero o anteproxecto da futura Lei de Función Pública da Comunidade Valenciana recolle que quen aspire a un emprego público debe acreditar algún nivel de valenciano en función do seu posto.
Fonte: La Vanguardia
O 30,7% do alumnado navarro de 3 anos elixe o modelo D de ensino en éuscaro ou o PAI-D
O ensino en éuscaro resiste a expansión do Programa de Aprendizaxe en Inglés (PAI) nos centros educativos de Navarra, mesmo cun lixeiro incremento na última década.
Fonte: Noticias de Navarra
Os requisitos lingüísticos para acceder ao emprego público varían dun territorio a outro nas comunidades autónomas bilingües
Existen notables diferenzas nos criterios lingüísticos para acceder ao emprego público segundo falemos de Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Baleares ou Comunidade Valenciana.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín