España
Un total de 9000 revistas en catalán distribuirase en 300 bares e cafeterías de Cataluña
A Asociación de Editores de Revistas e Dixitais (APPEC) e a Generalitat distribuirán, no marco do programa "Gustarache ler en catalán", 9000 revistas nesta lingua en 300 bares e cafeterías de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Navarra adhírese ao protocolo de política lingüística integrado por Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares
O Goberno de Navarra aprobou a adhesión ao Protocolo xeral de colaboración en materia de política lingüística entre a Generalitat de Cataluña, a Xunta de Galicia, o Goberno vasco e o Goberno balear.
Fonte: Última Hora
O Parlamento de Navarra acolle a presentación dun dicionario dedicado ao léxico parlamentario
O Diccionario jurídico parlamentario básico - Oinarrizko hiztegi juridiko parlamentarioa é unha obra impulsada pola Real Academia da Lingua Vasca que unifica o léxico parlamentario en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A Deputación de Áraba organiza un programa para incrementar a presenza do éuscaro en asociacións e federacións deportivas
Os servizos forais de Deporte e Éuscaro puxeron en marcha un programa destinado a incrementar a presenza e a utilización do éuscaro nas asociacións e federacións deportivas de Áraba.
Fonte: 20minutos
A exclusión do valenciano como lingua científica dificulta a lectura de teses neste idioma
Segundo os últimos datos publicados pola Universidade Jaume I, en 2016 apenas o 8,6% das teses se defendeu en valenciano, fronte a un 67,9% que optou polo castelán e un 23,45% que escolleu o inglés.
Fonte: Levante-EMV
Ponse en marcha un plan para incrementar a utilización do éuscaro no ámbito do deporte biscaíño
A Deputación liderará un programa pioneiro para incrementar o emprego do éuscaro no mundo do deporte na provincia no que colaborarán as federacións deportivas.
Fonte: Deia
O Consorcio pola Normalización Lingüística lanza unha web para promover o uso do catalán nas empresas
Un novo apartado na web do CPNL (www.cpnl.cat/empresa) ten como obxectivo impulsar o uso do catalán nas comunicacións das empresas.
Fonte: El Periódico
Òmnium Cultural convoca un premio á mellor novela en catalán do ano
Òmnium Cultural presentou un novo premio á mellor novela do ano en lingua catalá e tentar incrementar así a cota de lectura neste idioma.
Fonte: El Periódico
Lanzan unha campaña para denunciar o menosprezo ao catalán no ámbito xudicial
Plataforma per la Llengua lanzou unha campaña contra o desprezo que perciben cara ao catalán na xustiza e para concienciar sobre o dereito a usar esta lingua neste ámbito.
Fuente: El Periódico
A Xustiza é un dos ámbitos onde menos se utiliza o éuscaro
Só tres xuízos se celebraron en éuscaro no ano 2016. No que se refire ao persoal, unicamente 18 xuíces e fiscais dos 343 destinados en Euskadi dominan esta lingua.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín