España
Unha nova canle de televisión en liña converterase nun espazo común para os territorios de fala catalá
A nova canle, Bon Dia Televisió, nace grazas ao acordo das televisións autonómicas do arquipélago balear, IB3, e de Cataluña, TV3.
Fonte: Mallorca Diario
Convócase unha nova edición do Premio de Ideas para Promover o Uso do Catalán
Este premio, que chega á súa décimo primeira edición, ten como obxectivo o impulso de ideas e proxectos dirixidos a potenciar o emprego da lingua catalá en calquera ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha o proxecto ÈLIA para innovar e impulsar o ensino do catalán para persoas adultas
ÈLIA (Estratexias de Lingua e Aprendizaxe) é unha iniciativa que busca a introdución de elementos innovadores na oferta formativa de catalán para persoas adultas.
Fuente: Generalitat de Catalunya
Euskarabidea lanza unha convocatoria de axudas para actividades de fomento do éuscaro no ámbito municipal
O Boletín Oficial de Navarra publica a convocatoria de axudas lanzada por Euskarabidea, que destina 650 000 euros a financiar actividades de fomento do uso e a promoción do éuscaro nas entidades locais en 2017.
Fonte: El Diario
O Goberno vasco destina 2,7 millóns de euros para o desenvolvemento de actividades de fomento do éuscaro
Esta partida de 2 771 000 euros para o período 2017-2018 destinarase ao desenvolvemento do Plan de acción para a promoción do éuscaro que ten como obxectivo impulsar actividades de fomento desta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
Descende o uso do catalán na zona oriental de Aragón
Segundo os resultados da enquisa realizada polas universidades de Zaragoza, Tarragona e Lleida, o uso do catalán nas comarcas orientais de Aragón (coñecidas como La Franja) descendeu nos últimos anos.
Fonte: La Vanguardia
O Parlamento de Navarra aproba a modificación da lei do éuscaro
Esta modificación supón o paso de 44 localidades da zona non vascófona á zona mixta e a substitución da expresión "vascuence" por "euskera", de maneira que a norma pasa a denominarse "Ley Foral del Euskera".
Fonte: EiTB
O Goberno vasco aproba un novo decreto para renovar as bases do certificado de calidade na xestión lingüística Bikain
Este novo decreto ten entre os seus retos principais trasladarlles ás administracións o seu obxectivo de fomentar o éuscaro no ámbito laboral. Polo tanto, con esta renovación as entidades susceptibles de recibir o certificado dividiranse en dous grupos: entidades privadas e institucións públicas.
Fonte: Deia
Os sindicatos ELA e LAB comprométense a traballar conxuntamente no impulso do éuscaro no ámbito laboral
Os secretarios xerais de ambos os sindicatos subscribiron o Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos co que se comprometen a traballar intensamente e de maneira conxunta na defensa destes dereitos e no fomento do uso do éuscaro no ámbito laboral.
Fonte: Deia
O Goberno de Navarra convoca axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades de fomento do éuscaro
O Goberno de Navarra destinará 250 000 euros a subvencionar programas e actividades de promoción do éuscaro por parte de asociacións sen ánimo de lucro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín