España

Publícanse as bases dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán

O Boletín Oficial de Aragón publicou as bases para a concesión destes premios que recoñecerán a creación literaria (narrativa, poesía, teatro ou ensaio) en lingua aragonesa ou catalá, a tradución ao aragonés ou outra forma de expresión artística relacionada con estas linguas.

Fonte: Aragón Liberal

Aragón

A Fundación PuntuEUS impulsará a presenza do éuscaro no contorno dixital

O Plan estratéxico 2020 da Fundación PuntuEUS propón impulsar a utilidade, presenza e visibilidade do éuscaro na rede a través do dominio .eus, para o cal se marca como obxectivo que este dominio se converta no terceiro en importancia no País Vasco.

Fonte: EcoDiario

País Vasco

Ponse en marcha unha nova campaña para impulsar o emprego de termos de empresa en catalán

“Per comunicar, clar i català” é unha campaña de divulgación da terminoloxía en catalán relacionada co ámbito empresarial que ten como finalidade dar a coñecer estes termos e concienciar sobre a importancia de non adoptar anglicismos innecesarios.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Servizo Vasco de Saúde inicia unha campaña para informar da posibilidade de elixir o idioma de atención

Con esta campaña preténdese informar as persoas usuarias do Servizo Público Vasco de Saúde de que poden escoller o seu idioma de preferencia á hora de recibir atención sanitaria.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Vitoria promove o uso do éuscaro nos sectores do comercio e a hostalería

Arranca en Vitoria unha campaña que ten como obxectivo impulsar a utilización e a presenza do éuscaro nas rúas e na vida diaria da cidade, a través de dous sectores fundamentais, o comercio e a hostalería.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco pon a disposición da cidadanía 24 series e 225 películas con subtítulos en éuscaro

A web Open Data do Goberno vasco permite a descarga gratuíta dos subtítulos en éuscaro correspondentes a 279 películas e 225 capítulos de 24 series de ficción producidas en linguas estranxeiras.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Huesca inicia unha campaña de difusión do aragonés no sector do comercio

A campaña, dirixida ao comercio de Huesca, consiste na repartición gratuíta dun lote con material en aragonés composto por un calendario de 2017, un folleto explicativo sobre as actividades da Oficina de Lingua Aragonesa e un cartel de "aberto/pechado" neste idioma.

Fonte: Radio Huesca

Aragón

O Concello de Arrasate premia a realización do exame de conducir en éuscaro

O Concello de Arrasate sorteou 400 euros (o custo do exame teórico) entre as persoas que en 2016 realizaron o exame para obter o permiso de conducir en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Denuncian a ausencia da toponimia en asturiano nos novos carteis de Renfe en Asturias

Iniciativa pol Asturinau solicítalle a Renfe que os topónimos oficializados en asturiano estean presentes nos carteis que a compañía ferroviaria está a colocar nas estacións do Principado, que só figuran en castelán e inglés.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Preséntase en Reus unha campaña para impulsar a presenza en internet dos comercios mediante unha web propia en catalán

O programa Comerçlocal.cat chega a Reus para aumentar a presenza do catalán na rede coa creación de webs en catalán para os establecementos comerciais.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder