España

A inscrición aos cursos de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña aumentou no ano 2016

O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña presentou a súa memoria de actividades do ano 2016, na que salienta un crecemento do 5 por cento respecto á inscrición en cursos de lingua catalá no ano anterior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O 90% dos centros educativos das Illas Baleares recuperou a comisión que fomenta o uso da lingua catalá

A recuperación do Decreto de Mínimos polo Goberno das Illas Baleares permitiu que o 90% dos centros educativos restablecese a comisión de normalización lingüística para fomentar o uso do catalán nas aulas.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

A Academia da Lingua Asturiana propón que a televisión pública de Asturias emita un programa informativo en asturiano

Xosé Antón González Riaño, Presidente da Academia da Lingua Asturiana, presentou unha proposta ao director da Radiotelevisión do Principado de Asturias, Antonio Virgili, para emitir un programa informativo en lingua asturiana, que incluiría a presentación, as novas e a información meteorolóxica e deportiva.

Fonte: 20minutos

Asturias

O Concello de San Sebastián destina 266 000 euros a axudas para aprender éuscaro

O Servizo de Éuscaro do Concello de San Sebastián dedica uns 266 000 euros para axudar a aprender a lingua vasca no curso 2016-2017. Isto implica un aumento do 17,7 % en relación á cantidade destinada no anterior período.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

As sentenzas definitivas do Tribunal Constitucional sobre política lingüística catalá admiten a súa constitucionalidade

O Tribunal Constitucional vén de publicar o contido definitivo das sentenzas sobre as leis de acollida, do Código de consumo, do cine e do audiovisual. Aínda que as resolucións recoñecen a constitucionalidade das leis, a directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, indicou que "unha vez máis, as sentenzas do Tribunal Constitucional debilitan a posición do catalán".

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno das Illas Baleares aumenta as axudas para fomentar o uso do catalán

A Consellería de Cultura, Participación e Deportes das Illas Baleares presentou as axudas para o ano 2017 da Dirección Xeral de Política Lingüística que serán superiores ás do ano anterior nun 40%, chegando nesta convocatoria aos 785 000 euros.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Concello de Orozko formará parte da asociación de municipios en éuscaro

O Concello de Orozko, en Biscaia, unirase a finais do 2017 á rede UEMA, que está formada por 81 municipios vascófonos. Deste xeito, poderá ter acceso a servizos como o desenvolvemento dun plan de normalización e obradoiros.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Xixón rexeita que a Xunta pola Defensa da Lingua ofreza un relatorio sobre o Estatuto de Autonomía

O Concello de Xixón publicou unha convocatoria para que asociacións culturais desenvolvesen actividades no festival "Marcu Atlánticu". A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou a súa proposta para ofrecer un relatorio sobre a reforma do Estatuto de Autonomía, que foi rexeitada porque o Concello considerou que tiña un fondo político.

Fonte: El Comercio

Asturias

As comunidades autónomas dedican 175 millóns de euros ás súas linguas cooficiais

Oito gobernos autonómicos de España destinan fondos públicos para promover as súas linguas propias. En concreto, dedicaranse uns 176 millóns de euros, dos que 170 están relacionados cos idiomas considerados cooficiais nos seus respectivos territorios: galego, éuscaro e catalán.

Fonte: ABC

Xeral

A nova dirección de Política Lingüística de Mallorca responsabilizarase da normalización da lingua catalá

Os vicepresidentes do Consello de Mallorca, Francesc Miralles e Jesús Jurado, trataron os traballos desenvolvidos polo servizo de normalización lingüística nos últimos dous anos, dos que agora deberá encargarse a nova dirección de Política Lingüística.

Fonte: EcoDiario.es

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder