España

O Goberno de Aragón convocará os premios de literatura en linguas aragonesa e catalá

O Goberno de Aragón, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, convocará os premios de literatura Arnal Cavero en aragonés e Guillem Nicolau en catalán. Os dous premios contan cunha dotación de 3 000 euros cada un.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

O Parlamento navarro achega máis de 18 000 euros para o I Plan de éuscaro

O Parlamento de Navarra aprobou unha achega de 18 150 euros para contratar unha asesoría técnica que elabore, desenvolva e avalíe o I Plan de éuscaro para o Parlamento de Navarra 2017-2020, que xirará ao redor de tres eixes principais: comunicación e imaxe corporativa, relacións externas e relacións internas.

Fonte: Navarra información

Navarra

O RCD Espanyol impulsará o uso da lingua catalá no eido futbolístico

Plataforma pola Lingua e o RCD Espanyol uníronse para promover o uso do catalán como lingua vehicular por parte de adestradores e futbolistas do club.

Fonte: El Nacional

Cataluña

A BBC publica na súa web unha reportaxe sobre o éuscaro

A BBC publicou na súa páxina web unha reportaxe titulada "O misterio do idioma máis antigo de Europa", no que se salienta o esforzo realizado para manter vivo o éuscaro.

Fonte: EiTB

País Vasco

Aumenta o número de entidades de fomento da lingua catalá

O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publicou unha resolución que indica que o Censo de entidades de fomento da lingua catalá creceu un 5% neste ano, chegando á cifra de 198 entidades. En concreto, no 2017 sumáronse 19 novas entidades.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

As linguas minorizadas teñen un papel protagonista no Festival Arcu Atlánticu de Asturias

O occitano, o asturiano, o mirandés, o éuscaro, o bretón e o galego serán protagonistas no VI Festival Arcu Atlánticu, que se celebrará do 25 ao 30 de xullo de 2017, baixo o título "Un mar de linguas".

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana segue buscando apoios para o "Proxecto 2018 pola Oficialidade"

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana contactou con Carmen Moriyón, alcaldesa de Xixón, e Adrián Barbón, candidato á secretaría xeral da Federación Socialista Asturiana e alcalde de Llaviana, para buscar apoios ao "Proxecto 2018 pola Oficialidade", que pretende reformar o Estatuto de Autonomía para recoñecer a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anula parcialmente o Decreto do plurilingüismo

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana determinou a nulidade parcial do Decreto 9/2017 sobre plurilingüismo, pois entende que discrimina o alumnado que opta pola ensinanza en lingua castelá.

Fonte: La Gaceta

Comunidade Valenciana

O Goberno do País Vasco convoca axudas para elaborar materiais curriculares en éuscaro

O Consello do Goberno Vasco aprobou unha convocatoria de axudas para elaborar materiais curriculares en lingua vasca. A estas axudas destinaranse 100 000 euros.

Fonte: 20minutos

País Vasco

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña impulsa un novo recurso para aprender occitano-aranés

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura comezou o proxecto "Dictadas en linha", un recurso que busca facer máis doada a aprendizaxe do occitano a través de ditados nas modalidades aranesa e referencial.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder