España

O conselleiro vasco de Cultura e Política Lingüística participa na inauguración do Cine Vasco da 65 edición de Zinemaldia

Bingen Zupiria, o conselleiro de Cultura e Política Lingüística, participou na presentación do Cine Vasco da 65 edición de Zinemaldia, que permitirá a proxección de catorce películas vascas en oito seccións. Ademais, sete producións buscarán conseguir o premio Irizar Euskal Zine Saria.

Fonte: NoticiasPress.es

País Vasco

Ábrese o período de matriculación para os cursos de éuscaro en Vitoria

A oferta do Concello de Vitoria para o curso 2017-2018 é de 101 grupos de distintos niveis que están dirixidos a diferentes colectivos: pais e nais, maiores de 55 anos, persoal do comercio e a hostalería e persoas estranxeiras.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

O Concello de Donostia ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas en outono

O Concello de Donostia ofrecerá cursos de balde de lingua vasca para persoas desempregadas en outono de 2017. O prazo de inscrición finaliza o 21 de setembro, mentres que os cursos darán comezo o día 5 de outubro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Publícase unha colección de experiencias para impulsar o uso do éuscaro

A asociación Bagera Donostiako Euskaltzaleen Elkartea publicou, xunto á Deputación foral de Guipúscoa, unha colección de experiencias para promover o uso da lingua vasca a través da incidencia en ámbitos lingüísticos.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

Piden recorrer o novo decreto do plurilingüismo da Comunidade Valenciana ante o Tribunal Constitucional

Diversas asociacións contrarias ao decreto do plurilingüismo da Comunidade Valenciana criticaron o novo decreto-lei aprobado polo Goberno valenciano, e solicítanlles ao Goberno de España e aos partidos políticos que recorran esta norma no Tribunal Constitucional.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A lingua aragonesa estará presente na segunda edición do Festival de Poesía de Zaragoza

O Festival de Poesía Contemporánea de Zaragoza "Soñar 2017" tratará, entre outras cuestións, a poesía da muller e a lingua aragonesa. Respecto ao aragonés, realizarase un recital no que grandes poetas confirmarán cos seus poemas o patrimonio lingüístico de Aragón. O acto terá lugar entre os días 9 e 17 de setembro de 2017.

Fonte: aragondigital.es

Aragón

Impulsan unha campaña para fomentar a aprendizaxe do éuscaro na poboación adulta de Navarra

O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea e 32 entidades locais de Navarra, xunto cos euskaltegis públicos e de iniciativa social, impulsou unha campaña para fomentar a aprendizaxe da lingua vasca na poboación adulta durante o curso 2017-2018.

Fonte: Pamplona actual

Navarra

O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrece novos cursos para promover o uso do catalán

Durante o mes de setembro de 2017, o Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrecerá cursos para promover o uso e a aprendizaxe do catalán. Estes cursos abranguerán todos os niveis, desde o inicial ata o superior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Departamento de Cultura de Cataluña apoia 24 proxectos dixitais en lingua catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña deu apoio no 2017 a 24 proxectos de empresas que incluíron o catalán nos seus servizos e produtos de tecnoloxía.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase unha aplicación móbil para aprender refráns en éuscaro

Unha compañía bilbaína presentou unha aplicación móbil de balde para aprender proverbios en lingua vasca, que está destinada a estudantes de éuscaro e a persoas que desexen practicar e coñecer expresións deste idioma.

Fonte: EiTB

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder