España
Un acordo entre a Universidade de Mondragón e a Fundación PuntuEus servirá para fomentar o éuscaro en internet
A Universidade de Mondragón e a Fundación PuntuEus subscribiron un convenio co obxectivo de fomentar a utilización do éuscaro en internet. Con este acordo búscase impulsar o uso do dominio .eus entre a comunidade universitaria.
Fonte: Diario Vasco
A Televisión do Principado de Asturias estrea un programa en lingua asturiana dirixido ao público infantil
Baixo o título de Fálame, este programa dirixido ao público infantil ten como obxectivo divulgar coñecementos lingüísticos do asturiano ao longo de 26 capítulos de 30 minutos de duración.
Fonte: Asturies.com
Máis da metade da poboación de Bilbao sabe falar en éuscaro
Segundo os datos do Concello de Bilbao, en 30 anos multiplicouse por catro o número de euscaldúns na cidade e o 51,2% da poboación sabe éuscaro.
Fonte: Deia
Durante 2016 creáronse en Cataluña máis de 10 000 novas parellas lingüísticas
O Voluntariado pola Lingua propiciou durante o 2016 a creación dun total de 10 018 parellas lingüísticas, un número semellante ao ano anterior. Dende o seu nacemento en 2003, este programa superou as 110 000 parellas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Barcelona acolle un encontro de diarios europeos en linguas minoritarias
A asociación Midas, que integra unha trintena de diarios publicados en linguas minoritarias europeas, celebra na capital catalá a súa asemblea anual.
Fonte: Regió7
Pamplona acollerá unha xornada sobre deporte e éuscaro
O Goberno de Navarra e Euskarabidea organizaron para o vindeiro xoves 27 de abril unha xornada titulada 'Deporte y euskera, reflexiones y desafíos'.
Fonte: Navarra Información
Ponse en marcha unha iniciativa para a creación dunha webserie en éuscaro
A iniciativa audiovisual Next Station Club impulsa unha convocatoria para seleccionar proxectos realizados en éuscaro co obxectivo de crear unha webserie producida integramente nesta lingua.
Fonte: Deia
O Goberno de Navarra impulsa a denominación bilingüe de todos os municipios navarros
O Goberno navarro modificará os sinais de todos os municipios de Navarra para que recollan a súa denominación en bilingüe (castelán e éuscaro), mesmo os da zona non vascófona.
Fonte: Navarra.com
Aragón crea a súa propia Academia da Lingua para regular o aragonés e o catalán
A creación desta Academia da Lingua ten como obxectivo que se converta no organismo de regulación lingüística para as linguas minoritarias que se falan nesta comunidade: o aragonés e o catalán.
Fonte: Finanzas
O Goberno vasco destina 760 000 euros ao fomento do éuscaro
Este orzamento estará destinado a proxectos de fomento e consolidación do uso do éuscaro en ámbitos non formais, especialmente os que se levan a cabo no tempo de lecer.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín