España

Vaise entregar o premio ao mellor libro en lingua asturiana do 2016

A Tertulia Malory vaille entregar o premio ao mellor libro en lingua asturiana do ano 2016 á obra Lluvia d'agostu, do autor de Xixón Francisco Álvarez.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Preséntase un avance da nova plataforma de servizos lingüísticos da RAE

Durante a celebración do II Foro Internacional do Español, foi presentado un adianto de Enclave RAE, a nova plataforma de servizos lingüísticos da RAE, que ofrecerá contidos e aplicacións de índole lingüística para os diferentes eidos profesionais.

Fonte: RAE

Xeral

Unha compañía teatral abre en Pamplona un ciclo de teatro infantil en lingua vasca

A compañía de teatro Pantzart abrirá o sábado 7 de outubro de 2017, en Civivox Iturrama (Pamplona), un ciclo con obras teatrais, monicreques e música en éuscaro para nenos e nenas de entre 2 e 6 anos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Presentan en San Sebastián unha iniciativa para impulsar a creación de contidos audiovisuais en éuscaro

Será o vindeiro ano cando o centro de cultura Tabakalera, situado en San Sebastián, acolla un laboratorio de audiovisuais en éuscaro, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación Foral de Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

As entidades locais móstranse favorables ás denominacións bilingües dos núcleos de poboación navarros

O decreto foral que regula as denominacións dos núcleos de poboación navarros indica que, en caso de denominación bilingüe, se porá en primeiro lugar o nome en éuscaro na zona vascófona, mentres que nas zonas mixta e non vascófona figurará primeiro o nome en castelán.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Goberno da Generalitat invita a diversas institucións a sumarse a unha campaña de fomento do valenciano

A Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo convidou a outras institucións da comunidade a unirse á campaña 'Sempre teua. La teua llengua' que ten como obxectivo fomentar o uso do valenciano.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

O Parlamento de Navarra acolle unha exposición sobre o éuscaro impulsada pola Academia da Lingua Vasca

O Parlamento de Navarra inaugurou a exposición "Euskara ibiltaria", organizada pola Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, na que se mostran os diferentes dialectos do éuscaro.

Fonte: Navarra Información

Navarra

O número de persoas inscritas nos cursos de lingua catalá organizados polo Goberno balear increméntase un 9 %

O número de persoas inscritas nestes 56 cursos de lingua catalá elévase a 1732, o que supón un 9 % máis que o ano anterior.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Concello de Manacor inicia unha campaña de sensibilización lingüística no sector do comercio

O Concello de Manacor comezou a distribuír nos comercios do municipio carteis de aberto/pechado en catalán, unha iniciativa de dinamización lingüística que se suma á da pasada tempada de rebaixas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Créase unha dinámica para a normalización do éuscaro en municipios do País Vasco

Asociacións locais e técnicos de éuscaro de municipios do País Vasco reuníronse para poñer en marcha a dinámica "365 egun", coa que pretenden colaborar para "activar" as persoas falantes de éuscaro para que durante 11 días do outono de 2018 falen esta lingua nas rúas.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder