España

Beñat Arrabit convértese no novo presidente da Oficina Pública da Lingua Vasca

Beñat Arrabit será o novo presidente da Oficina Pública da Lingua Vasca durante os vindeiros tres anos. Ademais, Arrabit é vicepresidente de Política Lingüística da Mancomunidade Única de Iparralde, polo que se encargará da política lingüística nas dúas organizacións.

Fonte: EiTB

País Vasco

O Goberno das Illas Baleares realiza unha consulta pública previa sobre o decreto de usos lingüísticos

O Goberno de Illas Baleares está a realizar o trámite de consulta pública previa sobre a proposta para desenvolver un decreto que regule os usos lingüísticos das linguas oficiais da Comunidade Autónoma. Con este decreto, o Goberno balear pretende continuar co seu labor de normalización da lingua catalá e coa defensa dos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: ABC

Illas Baleares

O Goberno de Cataluña promove un proxecto para que pais e nais de alumnado de orixe estranxeira aprendan catalán

O Goberno de Cataluña desenvolverá os "Obradoiros de lingua e socialización de familias no eido educativo", que é un proxecto que ten entre outros obxectivos o de fomentar e mellorar o uso do catalán dos pais e nais de alumnado estranxeiro ou que acaba de chegar á Comunidade e o de comprometer as familias no seguimento dos seus fillos e fillas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O uso do éuscaro redúcese nos territorios vascófonos

O uso do éuscaro nos territorios vascófonos reduciuse do 13,7 % ao 12,6% nos últimos 10 anos. En concreto, baixou un 8,8 % en Biscaia, un 31,1 % en Guipúscoa e un 5,3 % no País Vasco francés. Doutra banda, aumentou un 4,6 % en Áraba e un 6,7 % en Navarra.

Fonte: EiTB

País Vasco

Reclaman que a lingua catalá sexa cooficial nas Cortes de Aragón

Podemos reclamou que a lingua catalá sexa cooficial nas Cortes de Aragón. Deste xeito, defende a contratación de intérpretes desta lingua para poder usala nas sesións do Parlamento aragonés, sempre que así o desexe calquera dos deputados e deputadas.

Fonte: ABC

Aragón

A inscrición aos cursos de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña aumentou no ano 2016

O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña presentou a súa memoria de actividades do ano 2016, na que salienta un crecemento do 5 por cento respecto á inscrición en cursos de lingua catalá no ano anterior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O 90% dos centros educativos das Illas Baleares recuperou a comisión que fomenta o uso da lingua catalá

A recuperación do Decreto de Mínimos polo Goberno das Illas Baleares permitiu que o 90% dos centros educativos restablecese a comisión de normalización lingüística para fomentar o uso do catalán nas aulas.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

A Academia da Lingua Asturiana propón que a televisión pública de Asturias emita un programa informativo en asturiano

Xosé Antón González Riaño, Presidente da Academia da Lingua Asturiana, presentou unha proposta ao director da Radiotelevisión do Principado de Asturias, Antonio Virgili, para emitir un programa informativo en lingua asturiana, que incluiría a presentación, as novas e a información meteorolóxica e deportiva.

Fonte: 20minutos

Asturias

O Concello de San Sebastián destina 266 000 euros a axudas para aprender éuscaro

O Servizo de Éuscaro do Concello de San Sebastián dedica uns 266 000 euros para axudar a aprender a lingua vasca no curso 2016-2017. Isto implica un aumento do 17,7 % en relación á cantidade destinada no anterior período.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

As sentenzas definitivas do Tribunal Constitucional sobre política lingüística catalá admiten a súa constitucionalidade

O Tribunal Constitucional vén de publicar o contido definitivo das sentenzas sobre as leis de acollida, do Código de consumo, do cine e do audiovisual. Aínda que as resolucións recoñecen a constitucionalidade das leis, a directora xeral de Política Lingüística, Ester Franquesa, indicou que "unha vez máis, as sentenzas do Tribunal Constitucional debilitan a posición do catalán".

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder