España

As linguas minorizadas teñen un papel protagonista no Festival Arcu Atlánticu de Asturias

O occitano, o asturiano, o mirandés, o éuscaro, o bretón e o galego serán protagonistas no VI Festival Arcu Atlánticu, que se celebrará do 25 ao 30 de xullo de 2017, baixo o título "Un mar de linguas".

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana segue buscando apoios para o "Proxecto 2018 pola Oficialidade"

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana contactou con Carmen Moriyón, alcaldesa de Xixón, e Adrián Barbón, candidato á secretaría xeral da Federación Socialista Asturiana e alcalde de Llaviana, para buscar apoios ao "Proxecto 2018 pola Oficialidade", que pretende reformar o Estatuto de Autonomía para recoñecer a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anula parcialmente o Decreto do plurilingüismo

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana determinou a nulidade parcial do Decreto 9/2017 sobre plurilingüismo, pois entende que discrimina o alumnado que opta pola ensinanza en lingua castelá.

Fonte: La Gaceta

Comunidade Valenciana

O Goberno do País Vasco convoca axudas para elaborar materiais curriculares en éuscaro

O Consello do Goberno Vasco aprobou unha convocatoria de axudas para elaborar materiais curriculares en lingua vasca. A estas axudas destinaranse 100 000 euros.

Fonte: 20minutos

País Vasco

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña impulsa un novo recurso para aprender occitano-aranés

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura comezou o proxecto "Dictadas en linha", un recurso que busca facer máis doada a aprendizaxe do occitano a través de ditados nas modalidades aranesa e referencial.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Deputación de Biscaia concédelle unha axuda de 355 000 euros á Real Academia da Lingua Vasca

A Deputación Foral de Biscaia aprobou unha axuda de 355 000 euros para contribuír á actividade da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia. A subvención dedicarase ao impulso e difusión do labor da Academia.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno navarro impulsa un servizo de acceso ao éuscaro para inmigrantes

Xa está en funcionamento o Servizo de atención e asesoramento para inmigrantes de Navarra, que impulsou o Goberno navarro nos Servizos Sociais da Comunidade. O servizo facilitará a aprendizaxe das linguas oficiais de Navarra.

Fonte: Navarra Información

Navarra

O acordo entre a Deputación de Barcelona e o Departamento de Cultura impulsa o catalán no eido empresarial

A Deputación de Barcelona e o Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, asinaron, en novembro de 2016, un acordo para impulsar o uso do catalán. Este convenio ofreceu 54 cursos de lingua catalá, 16 recursos lingüísticos e a tradución de cinco normas ISO/UNE.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Paterna abre a convocatoria para presentarse á Distinción do Mérito Lingüístico

O Concello de Paterna abriu o prazo para presentarse á Distinción 9 de outubro ao Mérito Lingüístico, que se concede a persoas, entidades ou colectivos que tiveran un papel relevante no uso, promoción ou ensinanza da lingua valenciana.

Fonte: Hortanoticias

Comunidade Valenciana

O sector da panadería de Barcelona recibirá formación en lingua catalá

O Consorcio pola Normalización Lingüística e o Gremio de Panadeiros da Provincia de Barcelona asinaron un acordo para desenvolver sesións de formación en catalán para os profesionais do sector da panadería.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder