España
O Goberno das Illas Baleares aumenta as axudas para fomentar o uso do catalán
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes das Illas Baleares presentou as axudas para o ano 2017 da Dirección Xeral de Política Lingüística que serán superiores ás do ano anterior nun 40%, chegando nesta convocatoria aos 785 000 euros.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Orozko formará parte da asociación de municipios en éuscaro
O Concello de Orozko, en Biscaia, unirase a finais do 2017 á rede UEMA, que está formada por 81 municipios vascófonos. Deste xeito, poderá ter acceso a servizos como o desenvolvemento dun plan de normalización e obradoiros.
Fonte: El Correo
O Concello de Xixón rexeita que a Xunta pola Defensa da Lingua ofreza un relatorio sobre o Estatuto de Autonomía
O Concello de Xixón publicou unha convocatoria para que asociacións culturais desenvolvesen actividades no festival "Marcu Atlánticu". A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou a súa proposta para ofrecer un relatorio sobre a reforma do Estatuto de Autonomía, que foi rexeitada porque o Concello considerou que tiña un fondo político.
Fonte: El Comercio
As comunidades autónomas dedican 175 millóns de euros ás súas linguas cooficiais
Oito gobernos autonómicos de España destinan fondos públicos para promover as súas linguas propias. En concreto, dedicaranse uns 176 millóns de euros, dos que 170 están relacionados cos idiomas considerados cooficiais nos seus respectivos territorios: galego, éuscaro e catalán.
Fonte: ABC
A nova dirección de Política Lingüística de Mallorca responsabilizarase da normalización da lingua catalá
Os vicepresidentes do Consello de Mallorca, Francesc Miralles e Jesús Jurado, trataron os traballos desenvolvidos polo servizo de normalización lingüística nos últimos dous anos, dos que agora deberá encargarse a nova dirección de Política Lingüística.
Fonte: EcoDiario.es
O Goberno de Aragón convocará os premios de literatura en linguas aragonesa e catalá
O Goberno de Aragón, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, convocará os premios de literatura Arnal Cavero en aragonés e Guillem Nicolau en catalán. Os dous premios contan cunha dotación de 3 000 euros cada un.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Parlamento navarro achega máis de 18 000 euros para o I Plan de éuscaro
O Parlamento de Navarra aprobou unha achega de 18 150 euros para contratar unha asesoría técnica que elabore, desenvolva e avalíe o I Plan de éuscaro para o Parlamento de Navarra 2017-2020, que xirará ao redor de tres eixes principais: comunicación e imaxe corporativa, relacións externas e relacións internas.
Fonte: Navarra información
O RCD Espanyol impulsará o uso da lingua catalá no eido futbolístico
Plataforma pola Lingua e o RCD Espanyol uníronse para promover o uso do catalán como lingua vehicular por parte de adestradores e futbolistas do club.
Fonte: El Nacional
A BBC publica na súa web unha reportaxe sobre o éuscaro
A BBC publicou na súa páxina web unha reportaxe titulada "O misterio do idioma máis antigo de Europa", no que se salienta o esforzo realizado para manter vivo o éuscaro.
Fonte: EiTB
Aumenta o número de entidades de fomento da lingua catalá
O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publicou unha resolución que indica que o Censo de entidades de fomento da lingua catalá creceu un 5% neste ano, chegando á cifra de 198 entidades. En concreto, no 2017 sumáronse 19 novas entidades.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín