España
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana limita a consulta dos proxectos lingüísticos dos centros
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana eliminou do seu sitio web os datos sobre os proxectos lingüísticos dos centros educativos. Fronte ás críticas de plataformas contrarias ao novo modelo lingüístico proposto, o Goberno valenciano indicou que a supresión destes datos responde á suspensión cautelar do decreto de 2017.
Fonte: Las Provincias
O Goberno das illas Baleares rectifica e esixirá o coñecemento de catalán para acceder a prazas de sanidade
O Servizo de Saúde de Baleares indicou que está a traballar na modificación da resolución sobre coñecementos de catalán publicada no Boletín Oficial, que eximía da esixencia da lingua catalá para acceder a prazas de persoal sanitario.
Fonte: El Mundo
O Goberno de Cataluña dedicará o ano 2018 á figura do gramático Pompeu Fabra
O Goberno de Cataluña acordou as conmemoracións oficiais do ano 2018, onde salienta o festexo do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra e dos 100 anos da publicación da Gramática catalá normativa. Deste xeito, durante o ano levaranse a cabo varias actividades para recoñecer o labor do gramático.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O conselleiro vasco de Cultura e Política Lingüística participa na inauguración do Cine Vasco da 65 edición de Zinemaldia
Bingen Zupiria, o conselleiro de Cultura e Política Lingüística, participou na presentación do Cine Vasco da 65 edición de Zinemaldia, que permitirá a proxección de catorce películas vascas en oito seccións. Ademais, sete producións buscarán conseguir o premio Irizar Euskal Zine Saria.
Fonte: NoticiasPress.es
Ábrese o período de matriculación para os cursos de éuscaro en Vitoria
A oferta do Concello de Vitoria para o curso 2017-2018 é de 101 grupos de distintos niveis que están dirixidos a diferentes colectivos: pais e nais, maiores de 55 anos, persoal do comercio e a hostalería e persoas estranxeiras.
Fonte: Gasteiz Hoy
O Concello de Donostia ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro para persoas desempregadas en outono
O Concello de Donostia ofrecerá cursos de balde de lingua vasca para persoas desempregadas en outono de 2017. O prazo de inscrición finaliza o 21 de setembro, mentres que os cursos darán comezo o día 5 de outubro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Publícase unha colección de experiencias para impulsar o uso do éuscaro
A asociación Bagera Donostiako Euskaltzaleen Elkartea publicou, xunto á Deputación foral de Guipúscoa, unha colección de experiencias para promover o uso da lingua vasca a través da incidencia en ámbitos lingüísticos.
Fonte: 20 minutos
Piden recorrer o novo decreto do plurilingüismo da Comunidade Valenciana ante o Tribunal Constitucional
Diversas asociacións contrarias ao decreto do plurilingüismo da Comunidade Valenciana criticaron o novo decreto-lei aprobado polo Goberno valenciano, e solicítanlles ao Goberno de España e aos partidos políticos que recorran esta norma no Tribunal Constitucional.
Fonte: ABC
A lingua aragonesa estará presente na segunda edición do Festival de Poesía de Zaragoza
O Festival de Poesía Contemporánea de Zaragoza "Soñar 2017" tratará, entre outras cuestións, a poesía da muller e a lingua aragonesa. Respecto ao aragonés, realizarase un recital no que grandes poetas confirmarán cos seus poemas o patrimonio lingüístico de Aragón. O acto terá lugar entre os días 9 e 17 de setembro de 2017.
Fonte: aragondigital.es
Impulsan unha campaña para fomentar a aprendizaxe do éuscaro na poboación adulta de Navarra
O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea e 32 entidades locais de Navarra, xunto cos euskaltegis públicos e de iniciativa social, impulsou unha campaña para fomentar a aprendizaxe da lingua vasca na poboación adulta durante o curso 2017-2018.
Fonte: Pamplona actual
Boletín
Subscríbase ao boletín