España

O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrece novos cursos para promover o uso do catalán

Durante o mes de setembro de 2017, o Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrecerá cursos para promover o uso e a aprendizaxe do catalán. Estes cursos abranguerán todos os niveis, desde o inicial ata o superior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Departamento de Cultura de Cataluña apoia 24 proxectos dixitais en lingua catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña deu apoio no 2017 a 24 proxectos de empresas que incluíron o catalán nos seus servizos e produtos de tecnoloxía.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase unha aplicación móbil para aprender refráns en éuscaro

Unha compañía bilbaína presentou unha aplicación móbil de balde para aprender proverbios en lingua vasca, que está destinada a estudantes de éuscaro e a persoas que desexen practicar e coñecer expresións deste idioma.

Fonte: EiTB

País Vasco

Máis de 700 profesionais sanitarios das Illas Baleares inscribíronse en cursos de lingua catalá

Mentres que o Servizo de Saúde das Illas Baleares establece a regulación dos coñecementos de catalán na sanidade pública, máis de 700 profesionais do eido sanitario inscribíronse nos cursos de lingua catalá que ofrece este servizo nos hospitais públicos das illas.

Fonte: El Mundo

Illas Baleares

Os libros en catalán xa ocupan unha cuarta parte do mercado en Cataluña

Segundo datos da Asociación de Editores en Lingua Catalá, o mercado do libro en catalán acadou unha cota de mercado do 25,4 % nas librarías de Cataluña, sen ter en conta o libro de texto escolar.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Apróbase unha nova regulación para o Consello Navarro do Éuscaro

O Goberno de Navarra aprobou unha nova regulación para o Consello Navarro do Éuscaro, de xeito que este órgano de asesoramento do Goberno en materia de fomento da lingua terá agora 30 vogalías externas, que acompañarán os cinco representantes do Executivo navarro.

Fonte: El Periódico

Navarra

A Deputación de Áraba destina 100 000 euros á aprendizaxe de éuscaro en euskaltegis

Despois do éxito do ano 2016, no que máis de 1000 alumnos se inscribiron en euskaltegis de Áraba, a Deputación vai destinar 100 000 euros a axudas para facilitar a matriculación de persoas adultas que desexen aprender éuscaro en centros HABE de Áraba e de Treviño.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Goberno navarro convoca axudas para fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo

Á convocatoria, dotada cun importe de 60 000 euros, presentáronse dez empresas que obtiveron unha subvención para determinados proxectos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Donostia destina 341 463 euros ao fomento do éuscaro para adultos

O Concello de Donostia destinará 341 463 euros a axudas para a aprendizaxe de éuscaro en adultos no curso 2017-18. Os requisitos para acceder a estas axudas son asistir ao 85% das clases e superar, polo menos, un subnivel.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha nova norma prohibirá o uso do castelán nas comunicacións aéreas dos aeroportos españois

Pilotos e controladores aéreos denuncian que a prohibición de utilizar o castelán nas comunicacións aéreas dos aeroportos pode afectar gravemente á seguridade.

Fonte: El Periódico

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder