España

Renóvase o convenio de colaboración para establecer o éuscaro como lingua oficial nas cámaras lexislativas de Navarra

O Parlamento de Navarra e a Real Academia Vasca renovaron o seu convenio de colaboración para continuar co seu proxecto de converter o éuscaro na lingua oficial das Cámaras lexislativas, establecendo unha terminoloxía parlamentaria común que sirva para todos os territorios nos que se fala esta lingua.

Fonte: Navarra

Navarra

Sancionan un mosso d’esquadra por non usar sempre o formulario de atestado en catalán

O axente podería recibir unha sanción de 16 días de suspensión de emprego e soldo por opoñerse a utilizar sempre o formulario dos atestados en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Convócanse novas axudas dirixidas a promover o valenciano

A Dirección Xeral de Política Lingüística anunciou a convocatoria de novas axudas dirixidas a accións de promoción do valenciano, ás que poderán acollerse concellos, mancomunidades e entidades locais da Comunidade Valenciana.

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

Menos do 23% dos euscaldúns adoita ler en éuscaro

Un estudo recente sobre os hábitos de lectura dos euscaldúns conclúe que soamente un 22,9% dos enquisados le habitualmente en éuscaro, debido a, entre outros motivos, a falta de tempo ou a ausencia de contidos determinados.

Fonte: El Diario Vasco

Xeral

A escola catalá maniféstase en Barcelona en defensa da inmersión lingüística

Preto de 8000 persoas saíron o pasado 17 de marzo de 2018 á rúa para manifestarse en defensa do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e en contra de que o castelán se converta en lingua vehicular.

Fonte: EFE

Cataluña

A Real Academia Española revisará algunhas definicións do dicionario pola súa connotación sexista

Algunhas palabras do dicionario da Real Academia Española serán revisadas por conter connotación machista na súa definición, como xa se fixo co termo "fácil" para referirse a "muller que se presta sen problemas a manter relacións sexuais".

Fonte: Misiones Cuatro

Xeral

Celébrase un debate para avaliar o marco xeral da Lei de uso e promoción da lingua asturiana

O 19 de marzo de 2018 celebrouse en Oviedo un debate para conmemorar o vixésimo aniversario da aprobación da Lei de uso e promoción do asturiano, do que se concluíu que esta lingua presenta un marco xeral positivo e un modelo propio de oficialidade, pero que aínda precisa avanzar noutros aspectos.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno de Navarra aumenta o seu investimento para promover o uso do éuscaro

O Goberno de Navarra aumentou notablemente o presuposto dirixido ás accións de promoción do uso da lingua vasca, continuando co seu labor de consolidar as políticas lingüísticas no Goberno e darlle a esta lingua un papel máis relevante.

Fonte: El Diario

Navarra

Unha aplicación móbil permitirá localizar os establecementos nos que atenden en valenciano

A ONG Plataforma pola Lingua do País Valenciano desenvolveu unha aplicación para dispositivos móbiles, denominada ValenciApp, que lles permitirá aos usuarios atopar os establecementos comerciais onde poidan ser atendidos en lingua valenciana.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Máis do 60 % da poboación vasca ten algún coñecemento de éuscaro

Segundo datos do Instituto Vasco de Estatística, tres de cada cinco residentes no País Vasco teñen algún coñecemento de éuscaro e un 42% recoñécese como falante habitual desta lingua.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder