España
O número de persoas inscritas nos cursos de lingua catalá organizados polo Goberno balear increméntase un 9 %
O número de persoas inscritas nestes 56 cursos de lingua catalá elévase a 1732, o que supón un 9 % máis que o ano anterior.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Manacor inicia unha campaña de sensibilización lingüística no sector do comercio
O Concello de Manacor comezou a distribuír nos comercios do municipio carteis de aberto/pechado en catalán, unha iniciativa de dinamización lingüística que se suma á da pasada tempada de rebaixas.
Fonte: Diario de Mallorca
Créase unha dinámica para a normalización do éuscaro en municipios do País Vasco
Asociacións locais e técnicos de éuscaro de municipios do País Vasco reuníronse para poñer en marcha a dinámica "365 egun", coa que pretenden colaborar para "activar" as persoas falantes de éuscaro para que durante 11 días do outono de 2018 falen esta lingua nas rúas.
Fonte: Noticias de Álava
Publícanse máis de 250 novas palabras en catalán no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña
Veñen de publicarse no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña 260 novas palabras en lingua catalá, normalizadas polo Consello Supervisor do TERMCAT no terceiro cuadrimestre de 2016 e no primeiro de 2017.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Máis de 3000 persoas participarán nas convocatorias de HABE para acreditar os niveis de éuscaro
Un total de 3102 persoas participarán nas convocatorias abertas de HABE para acreditar os niveis B1, B2, C1 e C2 de éuscaro, o que reflicte a grande acollida que estas convocatorias tiveron por parte da cidadanía.
Fonte: NoticiasPress
A Universidade Pública de Navarra incorporará o éuscaro ás áreas de investigación e empregabilidade
A Universidade Pública de Navarra quere incrementar o uso do éuscaro no eido universitario e, por iso, aposta por un plan director que, ademais de aumentar a docencia en lingua vasca, incorporará este idioma a áreas como a investigación, a empregabilidade e a innovación.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Eivisa promove 14 termos en desuso da lingua catalá
A Concellería de Educación, Formación e Normalización Lingüística do Concello de Eivisa lanzou a campaña "Les nostres paraules", que, a través das súas redes sociais e páxina web, pretende promover 14 palabras en catalán que se atopan en desuso.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade Pompeu Fabra organiza unhas conferencias sobre lingua de signos e comunicación xorda
A Universidade Pompeu Fabra, dentro dos estudos da Facultade de Tradución e Interpretación, comeza unha serie de conferencias sobre lingua de signos e comunicación xorda.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Navarra incorporará melloras no decreto sobre o uso do éuscaro na Administración
Despois do ditame do Consello de Navarra, que critica algúns aspectos do decreto foral que regula o uso do éuscaro na Administración, o Goberno navarro incorporará modificacións neste decreto.
Fonte: Noticias de Navarra
Xixón acollerá uns cursos de teatro e de introdución ao cómic en lingua asturiana
Iniciativa polo Asturiano vai desenvolver uns cursos de teatro e introdución ao cómic en lingua asturiana, que terán lugar en Xixón durante o outono de 2017.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín