España
Aumenta o uso do éuscaro no eido escolar
De acordo cos resultados do "Proxecto Arrue" sobre uso de éuscaro no eido escolar, a utilización da lingua vasca aumentou no período 2011-2015, acadando un 59,4 % en 4º de Educación Primaria e un 42,3 % en 2º da ESO.
Fonte: La Vanguardia
A Escola Balear de Administración Pública convocará preto de 1000 prazas para cursos de lingua catalá
A Escola Balear de Administración Pública presentou o Plan de Formación de Lingua Catalá que prevé unha oferta dunhas 1000 prazas para cursos de catalán destinados ao persoal das Administración Públicas das illas Baleares.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Elxe únese a unha campaña para promover o uso da lingua valenciana
Patricia Macià, concelleira de Promoción Lingüística do Concello de Elxe, presentou o programa "Voluntariado polo Valenciano", que impulsa a Escola Valenciana xunto ao Concello para promover o uso da lingua valenciana nas conversacións.
Fonte: elperiodic.com
O TERMCAT participa nun congreso sobre terminoloxía e tradución en Romanía
O TERMCAT participará no Simposio Internacional sobre Terminoloxía e Tradución de Bucarest, que organiza a Universidade da capital romanesa co apoio da Asociación Europea da Terminoloxía e da Axencia Universitaria da Francofonía. En concreto, o TERMCAT intervirá para presentar a súa actividade como centro de terminoloxía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Unión Europea subvenciona o desenvolvemento dun tradutor e dun dicionario en liña en aragonés
A Unión Europea subvencionará, a través de fondos Feder, o proxecto LINGUATEC da Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e de Turismo de Aragón, que permitirá o desenvolvemento dun tradutor e dun dicionario en liña para o aragonés.
Fonte: Heraldo
O Concello de Avilés aprobará unha proposición para apoiar a oficialidade da lingua asturiana
Esquerda Unida, Somos Avilés e Gañemos Avilés presentarán no Pleno do Concello unha proposición na que solicitan avanzar ata a oficialidade da lingua asturiana e pídenlle ao Goberno autonómico establecer un diálogo para reformar o Estatuto de Autonomía.
Fonte: Asturies.com
O Senado admite por primeira vez unha iniciativa escrita en lingua aragonesa
O Senado admitiu unha proposición non de lei escrita en lingua aragonesa, que presentou o senador Carles Mulet (Compromís). É a primeira vez que o Senado acepta unha proposta escrita en aragonés.
Fonte: El Periódico de Aragón
Apróbase o decreto foral do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra
O Goberno de Navarra aprobou o decreto foral que regula o uso da lingua vasca nas Administracións Públicas de Navarra, nos seus organismos públicos e nas súas entidades de Dereito público. Con esta norma, a cidadanía poderá gozar do seu dereito a ser atendida en éuscaro pola Administración.
Fonte: Pamplona actual
A metade das páxinas web de empresas do País Vasco ofrece servizos en éuscaro
De acordo cos datos do Instituto Vasco de Estatística (Eustat), o 50,4 % das empresas do País Vasco que dispón de páxina web ofrece os seus servizos en éuscaro. A porcentaxe por provincias é do 61,7% en Guipúscoa, 46% en Biscaia e 39,1% en Áraba.
Fonte: Finanzas.com
Preséntase un proxecto para fomentar o uso do éuscaro no eido do deporte
O Goberno do País Vasco impulsou o proxecto 'Euskal Kirolari' para fomentar o uso da lingua vasca no eido do deporte, especialmente no ámbito dixital e das redes sociais. O proxecto contará coa participación de importantes deportistas que amosarán a súa relación co idioma e termos en éuscaro relacionados cos seus deportes.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín