España

O Goberno de Cataluña incrementará a ensinanza en catalán e o seu uso no ámbito económico

O Pleno do Consello Social da Lingua Catalá reuniuse para abordar as principais actuacións para seguir no ámbito lingüístico. Entre as súas prioridades, salientan as de incrementar o coñecemento do catalán e o seu uso no eido económico.

Fonte: Teleprensa

Cataluña

Ponse en marcha un proxecto para crear 1600 artigos en éuscaro na Wikipedia

Esta iniciativa, posta en marcha polo Goberno vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea, permitirá a creación de 1600 artigos de calidade en éuscaro para a Wikipedia que sexan de utilidade para estudantes de 12 a 16 anos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Huesca organiza obradoiros de lingua e cultura aragonesas para o alumnado de 3º de Educación Infantil

Este obradoiro de acercamento á lingua e a cultura aragonesas está dirixido ao alumnado de 3º de Infantil (5 e 6 anos) dos centros educativos públicos e concertados de Huesca e comarca, unha iniciativa á que, de momento, se sumaron catro colexios da capital.

Fonte: El Diario

Aragón

Convocan no País Vasco cursos de éuscaro para o funcionariado do Estado

O Instituto Nacional de Administración Pública, en colaboración coa Delegación do Goberno no País Vasco, convocou cursos de éuscaro destinados aos empregados públicos da Administración Xeral do Estado co obxectivo de atender a cidadanía adecuadamente e garantir os seus dereitos lingüísticos.

Fonte: El Confidencial Autonómico

País Vasco

A Generalitat de Cataluña pon en marcha unha iniciativa para que as grandes marcas usen máis o catalán

O programa "Emmarca't" busca fomentar o uso do catalán entre as grandes marcas, posto que a maioría delas non conta con páxina web nin atención telefónica nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Cúmprense 10 anos da lei que outorgou recoñecemento legal á lingua de signos en España

Cumpríronse dez anos da aprobación da Lei 27/2007, de 23 de outubro, que concedeu recoñecemento legal ás linguas de signos españolas e que regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidades auditivas.

Fonte: EcoDiario.es

Xeral

Entréganse uns premios literarios para reivindicar as linguas de Aragón

O Goberno de Aragón entregou cinco premios literarios cos que busca normalizar as tres linguas que conviven na Comunidade: o castelán, o aragonés e o catalán. De feito, este ano recuperáronse dous premios relacionados coas linguas aragonesa e catalá.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Denuncian no Parlamento Europeo a grave situación da lingua leonesa

A Asociación Cultural Faceira intervirá no Parlamento Europeo para expoñer a grave situación social e legal da lingua leonesa, e denunciar a política da Junta de Castilla y León respecto a este idioma.

Fonte: León Noticias

Castela e León

Preséntanse os datos da Enquisa de usos lingüísticos das illas Baleares

Segundo esta enquisa, o 36,8 % da poboación do arquipélago usa o catalán como lingua habitual, fronte ao 49,9 % que emprega o castelán e o 10,3 % que utiliza ambas.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Un concurso premiará fotografías que fomenten os xogos e os xoguetes en catalán

O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL), no marco do programa "I tu, jugues en català?" organiza un concurso de fotografía para promover os xogos e os xoguetes en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder