España

O Goberno do País Vasco incrementa as subvencións para os euskaltegis privados

O Goberno do País Vasco, a través do Instituto para a Alfabetización e Reeuskaldunización de Adultos, dedicará 19,5 millóns de euros para subvencionar aos euskaltegis privados no vindeiro curso, o que constitúe un 6 % máis que no ano anterior.

Fonte: ABC

País Vasco

Dous novos municipios súmanse ao Plan de normalización lingüística da Deputación de Valencia

As localidades de Canet d'En Berenguer e Estivella uníronse ao Plan de normalización lingüística da Deputación de Valencia. Estes concellos solicitaron participar no programa 2017, que está orientado aos municipios que non teñen oficina de promoción da lingua valenciana e que nunca recibiron este tipo de axuda lingüística.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

A Fundación Didáctica Cataluña reforza a inmersión lingüística durante o verán en Mataró

Ao redor duns setenta alumnos chegados recentemente a dúas escolas de Mataró acoden durante este verán a clases de reforzo de lingua catalá e lingua castelá, grazas á Fundación Didáctica Cataluña. O propósito das clases é facilitar a integración do alumnado e que non esquezan os conceptos aprendidos durante o curso escolar.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Ibiza e Formentera son as illas de Baleares onde menos se utiliza a lingua catalá

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos nas illas Baleares 2014, que realizou o Goberno balear, Ibiza e Formentera son as illas onde a lingua catalá ten menos presenza.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

O Goberno de Aragón impulsa dous concursos literarios en lingua aragonesa

O Goberno de Aragón impulsou dous concursos de literatura en aragonés, que están relacionados coa creación dunha obra en lingua aragonesa ou ben coa tradución de calquera obra ao aragonés. O premio é de 3000 euros e a posible publicación da creación literaria polo Goberno de Aragón.

Fonte: Heraldo

Aragón

Menos da metade da Ertzaintza ten competencia lingüística en éuscaro

O 60% dos 8000 axentes da Ertzaintza non ten competencia ningunha en lingua vasca. Do restante 40%, só 360 dispoñen dun nivel equivalente ao EGA, mentres que os demais amosan un nivel inferior.

Fonte: GARA

País Vasco

Solicítanlle ao Concello de Valencia que a información dos sinais apareza nas dúas linguas cooficiais

O Síndic de Greuges (equivalente ao Valedor do Pobo) da Comunidade Valenciana pediulle ao Concello de Valencia que teña en conta a cooficialidade lingüística da Comunidade nos letreiros informativos. Isto acontece despois da queixa dunha cidadá na que indicaba que a información dos carteis só se amosa en lingua valenciana, o que é contrario á cooficialidade das linguas.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

A maior parte da cidadanía do arquipélago balear prefire referirse á lingua propia coa denominación da súa illa

O Goberno do arquipélago balear publicou un avance da enquisa de usos lingüísticos en Baleares, que indica que case un 70% da cidadanía prefire usar a denominación de mallorquino, menorquino, eivisenco ou formentero para referirse á lingua propia das illas.

Fonte: Menorca.info

Illas Baleares

Unha tese de doutoramento sinala a necesidade de mellorar a ensinanza escrita de catalán para as persoas adultas xordas

Natalia Pérez Aguado defendeu a súa tese de doutoramento "A alfabetización de adultos xordos en Cataluña: estratexias da mestra xorda", que dirixiu a catedrática da Universidade de Barcelona Pilar Fernández Viader. A tese manifesta a necesidade de mellorar a ensinanza escrita do catalán para as persoas adultas xordas, que amosan unha taxa de analfabetismo por riba do 80%.

Fonte: elEconomista.es

Cataluña

Constatan unha diminución do número de falantes de catalán nas illas Baleares

Despois da publicación dos resultados da Enquisa de usos lingüísticos de Baleares 2014, a Fundación Jaume III constatou unha redución do número de falantes de lingua catalá nas illas Baleares e, ademais, salientou que só un 20% da xuventude fala catalán de xeito predominante.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder