España
Propoñen unha modificación da lei do éuscaro de Navarra para incluír once municipios na zona mixta
Geroa Bai, EH Bildu, Podemos Ahal Dugu e I-E propoñen modificar a lei do éuscaro co obxectivo de ampliar a zona mixta para que inclúa as localidades de Abaigar, Aibar, Amescoa Baja, Ancín, Artazu, Cabredo, Cirauqui, Mendigorria, Murieta, Villatuerta e Zuñiga.
Fonte: Pamplona Actual
O Concello de Barakaldo continuará coa súa campaña para impulsar o uso do éuscaro no comercio e a hostalería
O programa ‘Zabaldu atea euskarari’ ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro no comercio, a hostalería e a empresa urbana da cidade.
Fonte: Bilbao Actual
Anúnciase a creación do Premio de Teatro Profesional en Asturiano
O conselleiro de Educación e Cultura do Principado anunciou que se está a traballar na convocatoria do Premio de Teatro Profesional en Asturiano.
Fonte: Asturies.com
Unha proposición de lei recollerá a posibilidade de dirixirse ao Estado en catalán, éuscaro e galego
O PSOE e o PSC teñen previsto presentar unha proposición de lei orgánica que permitiría utilizar o galego, o catalán e o éuscaro nas comunicacións ante os poderes públicos estatais, e que obrigaría a que as webs da Administración Xeral do Estado estean dispoñibles integramente nestas linguas.
Fonte: El Periódico
A Sociedade Deportiva Éibar presenta o seu Plan de éuscaro
O club presentou o seu Plan de éuscaro co que pretende seguir coa normalización do uso deste idioma e a súa promoción en todos os ámbitos da entidade.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Ponse en marcha en Navarra unha campaña para animar á matriculación en éuscaro na zona non vascófona
A asociación Sortzen Elkartea centra a súa campaña nos municipios situados ao sur de Navarra co obxectivo de convencer as familias de que matriculen os seus fillos no modelo D en éuscaro.
Fonte: El Confidencial Autonómico
Solicitan que en toda a cartelería do Concello de Avilés se utilice o asturiano
A agrupación Somos Avilés solicitoulle ao Goberno municipal que todos os elementos de comunicación do concello estean en asturiano.
Fonte: Asturies.com
Un 22% do alumnado de Avilés estuda asturiano
Un total de 1790 estudantes da comarca de Avilés estuda lingua asturiana, o que supón un 22% do total, unha porcentaxe catro puntos inferior á media de Asturias, que supera lixeiramente o 26%.
Fonte: El Comercio
Publícanse na rede unha serie de criterios para a denominación en catalán de variedades vitivinícolas
Estes criterios, publicados polo Termcat, ofrecen unha serie de pautas acerca do xénero gramatical, a utilización de maiúsculas e minúsculas, a sinonimia etc.
Fonte: Termcat
Un grupo de especialistas finaliza o informe coa grafía unificada para o aragonés
O Goberno de Aragón entregoulles a proposta de grafía unificada para o aragonés, elaborada por un comité de lingüistas, ás asociacións máis representativas vinculadas con esta lingua.
Fonte: El Periódico de Aragón
Boletín
Subscríbase ao boletín