España

A Generalitat de Catalunya subvencionará a tradución ao catalán de obras literarias

Por vez primeira, este 2017 haberá unha nova modalidade de subvencións para a tradución de libros ao catalán, ao incorporarse a posibilidade de obter unha axuda para a tradución de obras literarias.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Preséntase Filmin.cat, a primeira plataforma de distribución dixital de cine e series en catalán

Esta nova plataforma ten como obxectivo ofrecer en lingua catalá o mellor cine independente a nivel internacional.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha liña de axudas subvencionará actividades de fomento do occitano en Cataluña

Publicáronse as bases que regulan as axudas para a realización de actividades que fomenten o coñecemento e o uso do occitano en Cataluña.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Comisión de Cultura do Congreso aposta por crear un día dedicado ás linguas ibéricas

A Comisión de Cultura do Congreso emprazou o Goberno a asumir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e promover as linguas cooficiais nos ámbitos da xustiza, do ensino, dos medios de comunicación e da Administración Xeral do Estado.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Case un 43% dos estudantes de Primaria de Xixón estuda a materia de Lingua Asturiana

No vixente curso académico o 42,82% do alumnado xixonés de Primaria estuda Lingua Asturiana, dos cales o 50,94% pertence á escola pública, mentres que na concertada esta porcentaxe baixa ata o 19,09%.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Publícanse os criterios de uso das linguas oficiais de Donostia

O Concello de Donostia publicou o documento denominado Uso de las lenguas co que busca avanzar na aceptación da pluralidade lingüística e na normalización do emprego do éuscaro.

Fonte: Ayuntamiento de Donostia

País Vasco

Portugal e España traballarán conxuntamente para potenciar as linguas portuguesa e española a nivel mundial

Os ministros de Asuntos Exteriores de ambos os países mostraron en Madrid a súa vontade de aumentar a colaboración para potenciar a afirmación do español e o portugués a nivel mundial.

Fonte: Expresso

Xeral

O portal de busca de emprego en éuscaro lansarean.eus renóvase coa incorporación de novas utilidades

O portal lansarean.eus incorpora novas ferramentas que reforzan o seu papel de punto de encontro entre as empresas que buscan persoal euscaldún e persoas que desexan desenvolver a súa traxectoria profesional nesta lingua.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Arranca a festa das ikastolas de Áraba

A festa das ikastolas de Áraba comeza o 18 de xuño e con ela búscase darlles apoio aos euscaldúns e fomentar o éuscaro.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Reclámanlle ao Consello Regulador Sidra de Asturias a utilización da lingua asturiana na campaña ‘Asturiano 100%’

Iniciativa polo Asturiano demándalle ao Consello Regulador da DOP Sidra de Asturias o emprego da lingua asturiana na súa campaña promocional ‘Asturiano 100%’.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder