España
O Concello de Bilbao pon en marcha unha iniciativa para impulsar o uso do éuscaro nos ámbitos deportivo e tecnolóxico
O Concello de Bilbao pon en marcha un ano máis 'Euskal Coaching', unha iniciativa que prevé a realización de obradoiros e conferencias destinados a impulsar o uso do éuscaro nas actividades de lecer dirixidas á mocidade relacionadas co deporte e as TIC.
Fonte: Deia
Ediciones B lanza un selo que agrupa os seus títulos en lingua catalá
Trátase do selo B.cat, que reunirá títulos de ficción e non ficción, de distintos xéneros, de autores en catalán así como traducións de autores noutras linguas.
Fonte: El Periódico
A Filmoteca de Cataluña e o Consorcio pola Normalización Lingüística impulsarán xuntos a lingua e a cultura catalás
O Consorcio pola Normalización Lingüística e a Filmoteca de Cataluña asinaron un acordo de colaboración para fomentar a lingua e a cultura catalás.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualizan o banco de termos meteorolóxicos en éuscaro
Euskalment, a Axencia Vasca de Meteoroloxía, actualizou o seu banco de termos meteorolóxicos no cal se revisaron 1421 definición relacionadas con este ámbito.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno balear aproba o decreto que regula os requisitos lingüísticos para acceder á Administración pública
O decreto aprobado polo Goberno do arquipélago regula os requisitos de coñecemento do catalán esixibles para acceder a un posto de persoal funcionario da Administración.
Fonte: El Periódico
Os responsables de política lingüística de Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana reúnense para acordar actuacións conxuntas
Esta reunión de traballo dos responsables das políticas lingüísticas dos tres territorios serviu para tratar algúns temas como a presenza do catalán na documentación e as páxinas web estatais e europeas.
Fonte: El Diario
A Universidade Pública de Navarra prevé un incremento da oferta en éuscaro
O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra sinalou que a Universidade Pública de Navarra ten previsto incrementar para o ano 2019 os créditos en éuscaro un 16,5 %.
Fonte: Noticias de Navarra
Ponse en marcha unha iniciativa para fomentar o uso do éuscaro en Intxaurrondo
Varias entidades puxeron en marcha 'Baietz 20 ordu euskaraz', unha iniciativa coa que se pretende impulsar a utilización do éuscaro neste barrio de San Sebastián e fomentar a igualdade entre as linguas.
Fonte: El Diario
Un total de 9000 revistas en catalán distribuirase en 300 bares e cafeterías de Cataluña
A Asociación de Editores de Revistas e Dixitais (APPEC) e a Generalitat distribuirán, no marco do programa "Gustarache ler en catalán", 9000 revistas nesta lingua en 300 bares e cafeterías de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Navarra adhírese ao protocolo de política lingüística integrado por Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares
O Goberno de Navarra aprobou a adhesión ao Protocolo xeral de colaboración en materia de política lingüística entre a Generalitat de Cataluña, a Xunta de Galicia, o Goberno vasco e o Goberno balear.
Fonte: Última Hora
Boletín
Subscríbase ao boletín