España
O Concello de Vitoria destinará 70 000 euros a subvencións para proxectos de promoción do uso do éuscaro
O Concello de Vitoria realizará unha convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do uso do éuscaro durante o curso 2017-2018.
Fonte: La Vanguardia
A Oficina da Lingua Aragonesa elabora un folleto informativo con dúbidas sobre o aragonés
O Concello de Huesca, a Comarca de la Hoya de Huesca e o Goberno de Aragón editaron arredor de 7000 exemplares deste folleto sobre o aragonés.
Fonte: Diario de Alto Aragón
Preséntase un mapa da Comunidade Valenciana que pon en valor o patrimonio lingüístico do territorio
A Academia Valenciana da Lingua colaborou con este documento na corrección da toponimia en valenciano. O mapa inclúe ademais información pouco frecuente, como topónimos da xeografía mariña.
Fonte: El Diario
O Goberno de Navarra convoca axudas para a utilización do éuscaro en medios de comunicación
O Boletín Oficial de Navarra publicou a convocatoria de axudas para a utilización do éuscaro nos medios de comunicación que está dotada cun orzamento de 580 000 euros.
Fonte: El Diario
A Generalitat Valenciana pon en marcha o Plan de Acompañamento Lingüístico dirixido ao funcionariado
Este plan ten como obxectivo que o funcionariado autonómico adquira competencias nas dúas linguas oficiais, valenciano e castelán, e que a primeira delas alcance un "uso equitativo" respecto á segunda.
Fonte: 20minutos
A utilización de galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa dependerá da dispoñibilidade orzamentaria
Despois de comunicar o desexo de conseguir unha plena accesibilidade nas linguas cooficiais das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado, agora o Goberno español aclara que dependerá das dispoñibilidades orzamentarias.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno de Navarra aproba o novo texto normativo que regula o uso do éuscaro nas administracións
O proxecto do novo texto normativo substituirá o decreto foral do éuscaro, considerado polo actual Goberno como moi restritivo e que impide que a cidadanía sexa cada vez máis bilingüe.
Fonte: EiTB
O Boletín Oficial de Aragón publica o borrador dos estatutos que rexerán a Academia Aragonesa da Lingua
A Academia Aragonesa da Lingua estará composta por 15 académicos/as que velarán pola utilización e o fomento do aragonés e o catalán, e establecerá as normas referidas ao uso correcto de ambas.
Fonte: El Periódico de Aragón
Apróbase a ordenanza do asturiano do Concello de Mieres
A ordenanza do asturiano do Concello de Mieres saíu adiante co voto en contra do PP, que anunciou que vai presentar alegacións.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Vitoria e a Deputación de Áraba fomentarán o éuscaro en empresas e establecementos comerciais
Ambas as institucións subscribiron un novo convenio marco de colaboración para os próximos catros anos para desenvolver o Plan xeral de promoción do uso do éuscaro na cidade e o territorio.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín