España
O número de webs en éuscaro supera as 18 000
Un total de 18 317 web están en éuscaro, das cales un terzo utiliza o dominio .eus, o que supón máis de 6300.
Fonte: Deia
Máis dun terzo do cadro de persoal do Servizo Vasco de Saúde ten acreditado o seu perfil lingüístico
Case 9000 persoas que traballaban neste servizo en 2016 acreditou o perfil lingüístico de éuscaro correspondente ao seu posto de traballo, máis dun terzo do cadro de persoal, porcentaxe que se triplicou desde 2006, cando apenas se superaba o 11%.
Fonte: Deia
Solicitan que o Premio Café Gijón permita a presentación de obras escritas en asturiano
Xixón Sí Puede (XsP) pide que se modifiquen as bases deste premio co obxectivo de que sexa posible presentar obras escritas en asturiano ou crear unha categoría para obras nesta lingua.
Fonte: Asturies.com
Comeza en Cataluña unha campaña para promover o Voluntariado pola Lingua
A Generalitat e o Consorcio pola Normalización Lingüística puxeron en marcha unha actividade de difusión do Voluntariado pola Lingua (VXL) para promover este programa e dar a coñecer a súa modalidade virtual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Pamplona apoia unha iniciativa para aprender a crear libros ilustrados en éuscaro
Trátase dun programa a través do cal se organizará un obradoiro de ilustración e narración para aprender a crear libros ilustrados en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno de Navarra modificará a Lei do éuscaro para incluír once novos concellos na zona mixta
Once concellos que ata o momento se encontraban na zona non vascófona solicitaron unha modificación da lei para pasar a formar parte da zona mixta. Trátase de Abaigar, Aibar, Améscoa Baja, Ancín, Artazu, Cabredo, Cirauqui, Mendigorría, Murieta, Villatuerta e Zúñiga.
Fonte: Navarra.com
A Oficina de Dereitos Lingüísticos da Comunidade Valenciana comeza a dar os seus primeiros pasos
A Oficina de Dereitos Lingüísticos, impulsada pola Generalitat, será un órgano de carácter institucional e ten como obxectivo atender as queixas e as suxestións que se formulen nesta materia.
Fonte: El Mundo
Segundo un estudo, apenas un 4,2% da poboación de Aragón fala catalán e un 1,9%, aragonés
O estudo, realizado por investigadores da Universidade de Zaragoza, a Autónoma de Barcelona e a Rovira i Virgili, conclúe que en Aragón falan catalán 55 513 persoas (4,2% da poboación) e aragonés, 25 556 (1,9%).
Fonte: El Nacional
O Goberno de Cataluña ofrece ditados en liña para axudar á adaptación ás novas normas ortográficas do catalán
O Departamento de Cultura puxo a disposición das persoas interesadas un conxunto de ditados en liña para traballar as novas normas ortográficas, así como unha ferramenta que recolle as principais dúbidas lingüísticas dos usuarios sobre a reforma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Arranca un concurso de videoclips para promover a creación colectiva en éuscaro da xente nova
O concurso de videoclips 'Bertsoa Bizi Gazte', posto en marcha pola Deputación Foral de Áraba e a asociación Arabako Bertsozale Elkartea, ten como obxectivo fomentar as creacións en éuscaro da mocidade.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín