España
A Generalitat Valenciana presenta o seu manual de criterios lingüísticos
O manual Criterios lingüísticos da administración da Generalitat ten como obxectivo servir de guía para a redacción de escritos en valenciano.
Fonte: ABC
Un informe sinala o descenso da utilización do catalán entre a poboación balear
Segundo un informe, entre os anos 20014 e 2014 baixaron as porcentaxes de uso do catalán como lingua inicial, como lingua habitual e como lingua de identificación.
Fonte: Menorca
Propoñen unha serie de medidas para recuperar a utilización do valenciano
Entre as medidas que propón Acció Cultural del País Valencià (ACPV) figuran a recuperación da radio e televisión públicas valencianas ou o impulso do valenciano en ámbitos como a xustiza, o comercio ou a banca.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno navarro celebra por vez primeira Día do Éuscaro
Por primeira vez, este 3 de decembro de 2016 o Goberno navarro celebrará o Día Internacional do Éuscaro, unha conmemoración que coincide co Día de Navarra.
Fonte: ABC
O éuscaro terá maior presenza no Servizo Vasco de Saúde
O titular vasco de Saúde expresou, no transcurso dunhas xornadas, o seu compromiso coa normalización do éuscaro na sanidade.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno de Aragón destaca o seu apoio ás iniciativas de impulso e difusión da lingua aragonesa
Na homenaxe ao escritor Félix Gil del Cacho, o director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón reiterou o apoio do organismo ás iniciativas que defenden a lingua aragonesa.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Máis de 60 centros escolares aragoneses participan en programas de difusión das linguas catalá e aragonesa
Estes programas ofreceranse en todo Aragón, co obxectivo de difundir as linguas da rexión, mediante poesía, pintura, contacontos, cine etc.
Fonte: Heraldo
A Dirección Xeral de Política Lingüística da Comunidade Valenciana abrirá a Oficina de Dereitos Lingüísticos en 2017
O obxectivo deste organismo será garantir o dereito de empregar calquera das dúas linguas oficiais na comunidade sen sufrir ningún tipo de discriminación.
Fonte: La Vanguardia
Biscaia destina 2,5 millóns de euros a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro para a promoción do éuscaro
Este investimento estará destinado a apoiar as empresas, concellos e entidades que realicen plans de promoción do uso do éuscaro durante o próximo ano.
Fonte: El Correo
O III Loralaldi Festibala fomenta a transmisión da cultura contemporánea en éuscaro
Este festival realizarase en Bilbao desde o 7 de marzo ao 8 de abril e contará con espectáculos teatrais, musicais e de danza.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín