España

Os equipos de Portugalete únense para fomentar o uso do éuscaro nas actividades deportivas

Os equipos deportivos da localidade subscribiron un convenio para aumentar o uso do éuscaro nas sesións de adestramento, nos partidos etc. co apoio do Concello.

Fonte: En Portugalete

País Vasco

Segundo un estudo, o cerebro bilingüe le de maneira distinta en castelán, éuscaro ou inglés

Este estudo, realizado polo Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián, conclúe que as redes neuronais que se activan son diferentes en función da lingua en que se le.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A lingua asturiana xa é oficial en Noreña

Xa entrou en vigor en Noreña a ordenanza municipal de uso do asturiano despois de cumprir todos os trámites legais e o período de exposición pública durante o cal non se recibiu alegación ningunha.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno balear convoca cursos de catalán para nais e pais do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria

Estes cursos teñen como obxectivo que pais e nais que non saben catalán adquiran coñecementos básicos desta lingua para comunicarse coas súas fillas e fillos e axudarlles na súa aprendizaxe.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Crean unha base de datos sobre o cine producido en lingua vasca

A páxina web Ganbara permitirá acceder á información de máis de 200 películas, 400 profesionais e 50 empresas do sector que producen cine en éuscaro.

Fonte: Eitb

País Vasco

Un estudo recompilará a toponimia aragonesa de Huesca

Un estudo, encargado polo Concello de Huesca a un especialista en lingua aragonesa, recompilará a toponimia tradicional das súas rúas e barrios.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A Facultade de Dereito da Universidade de Valencia impulsará o uso do valenciano no ámbito xurídico

Un novo itinerario formativo da Facultade de Dereito, denominado "Jurista en valencià", busca que o valenciano se converta nunha ferramenta de comunicación no ámbito xurídico.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Un informe insta a poñer en marcha unha planificación lingüística firme para o éuscaro no ámbito do tempo libre

O informe Gu gazteok revela que o castelán está moi presente no tempo libre da mocidade vasca, polo que cómpre mellorar a situación do éuscaro en actividades relacionadas co deporte, a cultura e o lecer.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Convócase a cuarta edición do premio FilCat.UB co que se busca fomentar a investigación sobre a lingua e a literatura catalás

A Universidade de Barcelona convoca a cuarta edición deste premio que ten entre os seus obxectivos impulsar os traballos de investigación de bacharelato sobre temas relacionados coa lingua e a literatura catalás.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat Valenciana convoca axudas para a promoción do valenciano

En total, Política Lingüística destina 2,7 millóns de euros ás axudas para o fomento do valenciano en concellos, mancomunidades de municipios e entidades locais, así como en institucións, entidades e asociacións.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder