España
A Universidade Popular de Valencia ofrecerá 32 cursos de lingua valenciana para a poboación do municipio
Un total de 32 cursos de aprendizaxe do valenciano ofertará a Universidade Popular de Valencia para todos os cidadáns interesados en ampliar o seu coñecemento da lingua propia da comunidade.
Fonte: La Vanguardia
A Comunidade de Castela e León incorpora 19 novas seccións bilingües nos centros docentes para o curso 2016-2017
O curso escolar 2016-2017 a Comunidade de Castela e León contará cun total de 598 seccións bilingües distribuídas entre 489 colexios e institutos.
Fonte: Ileón
Expertos reúnense en Zaragoza para tratar os avances no estudo da lingua e a cultura dos iberos
Celebráronse as II Xornadas sobre a Lingua e Cultura Ibérica para debater sobre as características da lingua dos iberos, a cal podería ter similitude co éuscaro.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Concello de Donostia ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro para os desempregados
Estes cursos de éuscaro están dirixidos a persoas desempregadas maiores de 18 anos e teñen como obxectivo permitirlle á xente con menos recursos aprender o idioma.
Fonte: Diario Vasco
As probas de éuscaro do Servizo Vasco de Saúde están destinadas só ao persoal fixo
Estas probas de éuscaro servirán para acreditar o perfil lingüístico 2 ao persoal sanitario, co obxectivo de cumprir co Plan de Éuscaro aprobado recentemente.
Fonte: Redacción Médica
Segundo un informe, o romanés, o árabe e o chinés son as linguas estranxeiras con maior demanda nos xulgados madrileños
Segundo un informe de SeproTec Multilingual Solutions, o romanés, o árabe e o chinés son, por esta orde, as linguas estranxeiras máis solicitadas para a súa tradución nos xulgados madrileños.
Fonte: La Información
Celébrase en Barcelona unha nova edición da Semana do Libro en Catalán
A 34a edición da Semana do Libro en Catalán celebrarase en Barcelona, onde reunirá un total de 150 expositores.
Fonte: La Vanguardia
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana abre a matrícula para as probas de valenciano
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte da Comunidade Valenciana abre o prazo para matricularse nas probas de nivel para obter os certificados oficiais de lingua valenciana.
Fonte: Valencia Noticias
A edición de libros en catalán aumentou un 10 % en 2015
Os últimos datos achegados pola Federación de Gremios de Editores mostran que a edición de libros en catalán aumentou de 10 272 libros en 2014 a 11 348 en 2015.
Fonte: El Nacional
A Universidade do País Vasco ofrece un curso de formación para ensinar éuscaro no estranxeiro
Este curso está dirixido a graduados e licenciados en Humanidades que desexen mellorar as súas capacidades para dar clases de éuscaro no estranxeiro.
Fonte: País Vasco en el Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín