España

O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña aproba a Memoria 2015 e o Plan de actuacións de 2016

O Pleno do Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña presentou a Memoria 2015 e o Plan de actuacións de 2016. Este último documento inclúe os principiais obxectivos para a normalización lingüística en 2016 entre os que se salienta a organización de 3 300 cursos presenciais e 3 600 cursos específicos.

Fonte: Consorci per a la Normalització Lingüística

Cataluña

O Goberno vasco aproba unha axuda de 100 000 euros para materiais en éuscaro para a FP

O Consello do Goberno do País Vasco acordou conceder unha subvención á Asociación LANEKI para difundir materiais didácticos en éuscaro nos ciclos de formación profesional. Esta subvención servirá para a elaboración, selección e tradución dos materiais.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

O catalán será lingua oficial dos Xogos Mediterráneos xunto co castelán, o inglés e o francés

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e a Fundación Tarragona 2017 chegaron a un acordo para confirmar o catalán como lingua oficial dos Xogos Mediterráneos.

Fonte: El Mundo

Cataluña

Presentan o primeiro dicionario de éuscaro offline gratuíto, dispoñible en formato móbil e web

A empresa de tecnoloxía en código aberto Irontec presentou o primeiro dicionario offline gratuíto de éuscaro, dispoñible tanto en aplicación móbil como en formato web.

Fonte: Grupo SPRI

País Vasco

Preséntanse os datos do estudo Ofercat 2015 sobre o emprego do catalán nos comercios de Lleida

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña presenta os resultados do estudo Ofercat 2015 sobre o emprego do catalán nos comercios de Lleida.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A VI Enquisa Sociolingüística do Éuscaro analizará o emprego do idioma no País Vasco e Navarra

Esta enquisa é unha iniciativa conxunta do Goberno de Navarra e do Goberno do País Vasco e forma parte do Plan Estratéxico do Éuscaro, cuxa finalidade é coñecer a realidade do idioma nas devanditas comunidades.

Fonte: Pamplona Actual

Xeral

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana concéntrase para reivindicar os dereitos lingüísticos

Esta concentración organizada pola Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana tivo lugar na Delegación do Goberno e o seu obxectivo foi reivindicar os dereitos lingüísticos e a oficialidade da lingua asturiana.

Fonte: Europa Press

Asturias

A Delegación do Goberno de Asturias pídelle ao Concello de Noreña que anule a oficialidade do asturiano

A Delegación do Goberno envioulle ao Concello un requirimento de anulación das novas ordenanzas municipais sobre o emprego do asturiano en documentos oficiais.

Fonte: Asturies

Asturias

Un novo dicionario xurídico-parlamentario agrupará case 1700 termos en éuscaro

Euskaltzaindia presentará un dicionario básico xurídico-parlamentario que agrupa multitude de termos en lingua vasca que se empregan habitualmente no dereito parlamentario.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

O Goberno vasco subvencionará os medios de comunicación en éuscaro durante tres anos

Por primeira vez, o Goberno concederá axudas cunha periodicidade de tres anos en lugar dun ano, co obxectivo de proporcionarlles maior estabilidade aos medios.

Fonte: ABC

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder