España
Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello
O Pleno de Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello. Esta declaración realizarase na Semana da Oficialidade, unha semana de celebracións referentes á lingua asturiana.
Fonte: Asturies
Preséntase o estudo Ofercat 2015 sobre o emprego do catalán nos establecementos comerciais de Tortosa
A Dirección Xeral de Política Lingüística presenta en Tortosa as principais conclusións do estudo Ofercat 2015. Para a realización deste estudo foron analizados 329 comercios.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Plataforma pola Lingua demanda reciprocidade total dos medios en catalán
A Plataforma pola Lingua pídelles reciprocidade dos medios en catalán ás institucións europeas para que se aplique a lexislación e se defendan os dereitos lingüísticos dos cidadáns.
Fonte: Vila Web
O Concello de Madrid aproba unha declaración institucional a prol das linguas de signos
O Pleno do Concello de Madrid recoñece o valor das linguas de signos mediante a aprobación dunha declaración institucional na que se comprometen a fomentar a aprendizaxe e o coñecemento destas linguas.
Fonte: Europa Press
O Goberno vasco considera que hai moita marxe de mellora na asignación de perfís lingüísticos na Administración
O Goberno afirma que a presenza do éuscaro nas organizacións públicas aumentou, pero recoñece que aínda existen moitos aspectos nos que se debe mellorar, como poden ser os criterios de emprego das linguas oficiais ou o emprego oral do éuscaro.
Fonte: El Diario
A produción de libros en galego descende un 3,1 %, mentres que aumenta en valenciano, catalán e éuscaro
A produción editorial en lingua galega descendeu en 2015 un 3,1 %. Pola contra, aumentou en valenciano un 22,2 %, en catalán un 13,3 % e en éuscaro un 8,5 %. En todo o estado un 84,7 % dos libros editouse en castelán, o 10% en catalán, o 1,9 % en galego, o 1,7 % en valenciano e o restante 1,7 % en éuscaro.
Fonte: 20 minutos
Publícanse subvencións para fomentar as linguas minoritarias en Aragón
O Goberno de Aragón publica subvencións co obxectivo de fomentar as linguas minoritarias que conviven na comunidade. As actividades que poden optar a estas axudas son: a edición de obras en aragonés ou catalán, a difusión do patrimonio lingüístico e a investigación.
Fonte: Iustel
Un 78,7 % dos exames de acceso á universidade en Baleares respondéronse en catalán
Esta porcentaxe supón un descenso de 2,4 puntos fronte ao ano anterior. Segundo os datos da Universidade das Illas Baleares, o 10,5 % do alumnado non respondeu ningún exame en catalán, o 33,3 % respondeu todos en catalán e o 56,2 % fixo algúns en catalán e outros en castelán.
Fonte: Europa Press
O Barcelona celebra 100 anos do catalán como lingua oficial do club
O 1 de xullo de 1916 redactaron a primeira acta en catalán. Dende ese momento, o catalán converteuse no idioma oficial do club para documentos internos, actas de xuntas, listado de socios, estatutos, etc.
Fonte: El Periódico
A asociación cultural Nogará demanda unha maior presenza do aragonés nos medios de difusión do Concello de Zaragoza
A Asociación Cultural Nogará-Religada esixe por parte do Concello de Zaragoza un maior emprego do aragonés nos medios de difusión e unha maior sensibilización e difusión da lingua mediante campañas, actividades culturais e outras accións.
Fonte: AraInfo
Boletín
Subscríbase ao boletín