España
O programa Berbagunea reúne en Bilbao a euscaldúns e estudantes para promover o uso do éuscaro
A cuarta edición do programa Berbagunea, promovido polo Concello de Bilbao e a Deputación foral de Biscaia, reúne uns 1600 euscaldúns e estudantes co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro e "sacalo á rúa".
Fonte: 20minutos
O Concello de Bimenes celebrará a vixésima festa da Oficialidade da Lingua Asturiana
A realización da festa da Oficialidade da Lingua Asturiana en Bimenes servirá para declarar o asturiano como lingua oficial no concello.
Fonte: La Nueva España
Iníciase unha campaña informativa en Biscaia a favor do modelo educativo en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia e 39 municipios biscaíños apoian o modelo educativo en éuscaro (D) onde todas as materias, excepto a lingua castelá, son impartidas neste idioma.
Fonte: ABC
A V Bolsa Joan Veny recae nun proxecto de estudo sobre o catalán na Franxa
O Institut Ramon Muntaner, co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, concedeulle a Bolsa Joan Veny ao filólogo Esteve Valls polo seu estudo sobre o catalán na Franxa.
Fonte: La Vanguardia
O Consello de Europa valora a política lingüística vasca e resalta o avance do éuscaro na comunidade
O comité de expertos do Consello de Europa resalta a política lingüística do Goberno vasco e móstrase crítico co Goberno navarro polo orzamento que este destina a Euskarabidea.
Fonte: EITB
Os centros educativos baleares decidirán sobre a impartición de materias non lingüísticas en linguas estranxeiras
Os centros educativos de Baleares poderán decidir en que idioma se imparten as materias non lingüísticas a condición de que cumpran o decreto de mínimos que garante o ensino do catalán e o castelán.
Fonte: Diario de Mallorca
Un estudo sociolingüístico permitirá coñecer o alcance do uso do catalán en Aragón
Un estudo e varias publicacións do departamento de Cultura de Cataluña e o Campus Iberus permitirán coñecer cal é a situación do catalán e o seu uso social na zona oriental de Aragón.
Fonte: Diario de Teruel
O Parlamento balear celebra un pleno para que o catalán sexa considerado un requisito para traballar na Administración
O Goberno balear solicita a modificación urxente da lei para que o catalán sexa un requisito nos procesos de selección de persoal para traballar na Administración pública.
Fonte: Diario de Ibiza
Edítanse dicionarios en once linguas para facilitarlles ás persoas estranxeiras o acercamento ao éuscaro
Os dicionarios editados pola sociedade Alkarbide, co apoio da Deputación de Biscaia, recollen vocabulario e frases básicas de utilidade no día a día ordenados por temas.
Fonte: ABC
A Ertzaintza destina 350 000 euros a cursos de éuscaro para os seus axentes
A Academia Vasca de Policía e Emerxencias de Arkaute destina 350 000 euros ao Instituto de Alfabetización e Reeuscaldunización de Adultos (HABE) para que os alumnos da promoción XXV reciban cursos de formación de éuscaro.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín