España

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas da Generalitat de Cataluña para a incorporación do catalán aos xogos de mesa

A liña de axudas para a incorporación do catalán aos xogos de mesa, cuxo obxectivo é promover a dispoñibilidade de xogos nesta lingua, conta cunha dotación de 150 000 euros.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Os cines de Cataluña acollerán ata finais de ano a estrea de once grandes producións cinematográficas en catalán

En total, os cines de Cataluña estrearán en catalán, na segunda metade do ano, once grandes producións cinematográficas de todos os xéneros, con especial presenza de filmes dirixidos a todos os públicos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para promover a matriculación en lingua asturiana

A campaña, cuxo lema é «Apúntome, apuntámos», ten como obxectivo impulsar a matriculación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato en lingua asturiana e en eonaviego.

Fonte: Principado de Asturias

Asturias

As probas de certificación de lingua asturiana incorporan o nivel básico A2

A convocatoria de 2024 das probas de certificación de asturiano adaptadas ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas incorpora o primeiro de nivel básico, o A2, que se suma así ao B2 e ao C1.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Inaugúrase en Donostia unha mostra de textos xurídicos significativos en éuscaro

A exposición itinerante Hitzak Lege, que poderá visitarse ata o 9 de maio, mostra textos en éuscaro que tiveron relevancia histórica no ámbito xurídico. Está organizada pola Academia da Lingua Vasca en colaboración cos parlamentos vasco e navarro, as tres xuntas xerais e a Universidade do País Vasco.

Fonte: Universidad del País Vasco

País Vasco

O Goberno español e IBM asinan un acordo para desenvolver chatbots que falen galego, éuscaro e catalán

Este acordo servirá para que a multinacional IBM desenvolva modelos de intelixencia artificial que entendan e xeren textos en galego, éuscaro e catalán.  

Fonte: Diario Tecnología

Xeral

Un ciclo de curtametraxes en éuscaro percorrerá 35 localidades do País Vasco

O ciclo de curtametraxes Laburbira comeza o 12 de abril en Bergara e remata o 12 de maio en Markina-Xemein, un mes no que se proxectarán oito películas.

Fonte: EITB

País Vasco

A campaña de dinamización lingüística «Aquí tamén se fala galego» chega a Ponferrada

O Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras levou a iniciativa «Aquí tamén se fala galego» a unha librería de Ponferrada, que exhibe na súa entrada o cartel da campaña.

Fonte: La Región

Castela e León

Persoal sanitario de Menorca súmase á campaña «Sanitaris per la Llengua»

O persoal sanitario de Menorca portará distintivos nas súas batas que identifiquen os profesionais que falan catalán, unha iniciativa que xa se levou a cabo en Mallorca.

Fonte: Menorca

Illas Baleares

Arredor de 3700 profesionais do ámbito sanitario comezan os cursos de catalán que ofrece a Generalitat de Cataluña

Un total de 3711 profesionais sanitarios comezan os cursos en liña de catalán que teñen como obxectivo que aprendan e melloren o seu nivel de lingua.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder