España
O presidente do Principado convocará os grupos parlamentarios para impulsar a oficialidade das linguas propias da comunidade
O presidente do Principado anunciou que convocará unha reunión cos grupos parlamentarios e representantes da Academia da Lingua Asturiana na segunda quincena de maio para negociar a modificación do artigo 4 do Estatuto de Autonomía e impulsar a oficialidade do asturiano e o eonaviego.
Fonte: Principado de Asturias
O tradutor neuronal Itzuli opta a un premio internacional de innovación polo seu uso transformador da tecnoloxía

Itzuli é un tradutor automático neuronal baseado na intelixencia artificial capaz de realizar traducións de gran calidade do éuscaro ao castelán, francés e inglés. Agora opta a un premio de carácter internacional promovido por Red Hat cuxa votación xa está aberta.
Fonte: Gobierno Vasco
Preséntase o Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias
O Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias inclúe 16 641 localizacións. Dos 78 municipios asturianos, 63 contan coa relación de topónimos.
Fonte: RTPA
O Goberno do Principado aproba as primeiras instrucións cos criterios de uso das linguas faladas en Asturias
Estas instrucións establecen os criterios de uso do asturiano e o eonaviego na Administración autonómica e teñen como obxectivo difundir a pluralidade lingüística do Principado e garantir los dereitos lingüísticos da cidadanía, así como fomentar o uso das linguas propias.
Fonte: Principado de Asturias
A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas destinada á creación de contidos en catalán nas redes sociais
Esta nova liña de axudas para a creación de series de vídeos en catalán ou en occitano para as redes sociais, que conta cunha dotación orzamentaria de 312 000 euros, busca darlle soporte á profesionalización de influencers.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Valencia acolle unha manifestación a prol da lingua catalá
Miles de persoas manifestáronse polas rúas de Valencia en defensa da lingua catalá baixo o lema «País Valencià, llengua, cultura i futur».
Fonte: El Nacional
Apróbanse os novos criterios lingüísticos da Administración da Generalitat Valenciana
Os novos criterios lingüísticos da Administración da Generalitat Valenciana pretenden que a cidadanía se sinte cómoda usando a lingua propia, así como asesorar a calquera persoa interesada no uso oral ou escrito do valenciano nas súas comunicacións.
Fonte: Generatitat Valenciana
Publícase o primeiro libro da historia escrito integramente en sefardí
Por primeira vez publícase un libro escrito integramente en serfardí, o idioma que fala esta comunidade e que está considerado pola Unesco como unha lingua en grave risco de desaparición e que leva por título El espanyol sefardí.
Fonte: EFE
EITB presenta Makusi, a primeira plataforma dixital en éuscaro para o público infantil e xuvenil

Makusi, a nova plataforma dixital en éuscaro para público infantil e xuvenil, ofrecerá de xeito gratuíto unha ampla oferta de contido audiovisual nesta lingua, clasificado e personalizado por idades.
Fonte: MundoPlus.tv
A Generalitat de Cataluña apoia o uso do catalán nos medios de comunicación das Illas Baleares
Presentou en Palma e Eivisa dúas iniciativas para fomentar o catalán nos medios de comunicación do arquipélago balear: «Idó», unha sección semanal no Diario de Mallorca e Diario de Ibiza; e «Entre tu i jo», unha nova sección de entrevistas en Ara Balears.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín