España
O Concello de Condado de Treviño ampliará as actividades extraescolares en éuscaro
A ampliación das actividades extraescolares en éuscaro responde a unha demanda da cidadanía e da ANPA do centro educativo, no que esta lingua só pode ensinarse fóra do horario escolar.
Fonte: Diario de Burgos
Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na localidade leonesa de Cacabelos na XVI edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León, entre outras entidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entréganse os VII premios Agora x l’aragonés que recoñecen os mellores traballos audiovisuais en lingua aragonesa
Estes galardóns recoñecen os mellores traballos gravados, subtitulados ou dobrados ao aragonés. Na categoría xeral o premio foi para Luz de setiembre e na escolar, para Pende de ros 2/Depende de los 2.
Fonte: El Cruzado
A lingua de signos catalá conta xa cun programa para o ensino e a avaliación dos coñecementos básicos
A Generalitat de Cataluña presentou o programa, acompañado dunha proposta didáctica, da lingua de signos catalá do nivel básico (A2) no que se definen as competencias lingüísticas e comunicativas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña incrementa os recursos destinados á dobraxe e á subtitulación en catalán

O Goberno de Cataluña destinará 6,9 millóns de euros, a dotación máis elevada da historia, ás subvencións de dobraxe e subtitulación en catalán co obxectivo de chegar a máis espectadores e de que esta lingua estea presente nas principais plataformas dixitais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Conmemórase o Día do Galego no Bierzo
Ao abeiro desta conmemoración, celébranse as XVI Xornadas Martín Sarmiento e preséntase o primeiro Dicionario do Galego do Bierzo. Así mesmo, farase entrega do IV Premio Antonio Fernández Morales.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Apróbase a “Declaración de Bimenes” en defensa das linguas propias de Asturias
A “Declaración de Bimenes” ten como obxectivo recoñecer o asturiano e o eonaviego como dereitos culturais inherentes, o que implicaría a declaración de oficialidade destas dúas linguas.
Fonte: Asturies.com
O Goberno español presentaralles un novo documento sobre a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro aos seus socios europeos
Este novo documento sobre a oficialidade do catalán, o éuscaro e o galego presentarase na reunión que celebrarán os países da Unión Europea en Bruxelas o vindeiro 19 de marzo.
Fonte: EuroEFE
Varias entidades deportivas de Santurtzi participan nunha iniciativa para incrementar o uso do éuscaro
Sumáronse a esta iniciativa para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo xuvenil cinco clubs de Santurtzi. Trátase dun programa que buscar mellorar a utilización do éuscaro fóra do ámbito educativo, así como a súa percepción.
Fonte: En Santurtzi
O Concello de Catarroja convoca un premio ao uso do valenciano nas Fallas
O Premio ao Uso do Valenciano nas Fallas de Catarroja 2024 ten como obxectivo recoñecer e fomentar o emprego desta lingua nos monumentos falleros e contribuír así á súa posta en valor nunha festa tan tipicamente valenciana.
Fonte: El Periòdic
Boletín
Subscríbase ao boletín