España
Unha investigación analiza os motivos de abandono e continuidade do alumnado dos cursos de catalán
Este proxecto universitario analiza as causas da continuidade e o abandono do alumnado dos cursos de catalán do CPNL a partir do estudo da traxectoria de 450 000 estudantes desta entidade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Academia da Lingua Asturiana prepara un informe sobre a oficialidade das linguas propias do Principado
O informe A lingua asturiana nunha perspectiva de oficialidad entregóuselles aos grupos parlamentarios e nel proponse o desenvolvemento da oficialidade ao longo de oito anos.
Fonte: Galicia Confidencial
As asociacións de escritores en galego, catalán e éuscaro reclaman maior protección para as súas linguas
As asociacións de escritores en galego, catalán e éuscaro, que integran a Federación Galeusca, asinaron a Declaración de Palma na que demandan protección e promoción para estas tres linguas.
Fonte: El Nacional
Plataforma per la Llengua conmemora o seu 30 aniversario cunha nova campaña en defensa do catalán
«La veu que creix» é o lema da nova campaña desta entidade coa que conmemora os seus 30 anos de traballo a prol do dereito de vivir plenamente en catalán.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Segundo o Anuario de cultura dixital 2024, a oferta de contidos dixitais nas linguas minoritarias ou cooficiais é bastante limitada
Segundo este anuario, elaborado por Acción Cultural Española, no ámbito audiovisual son escasos os contidos en linguas minoritarias, malia que a directiva europea de medios audiovisuais obriga os países da UE a garantir unha oferta de, polo menos, un 30 %.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócanse axudas para a dixitalización dos euskaltegis privados e os centros homologados de autoaprendizaxe de éuscaro
O Goberno vasco destinará 200 000 euros a esta convocatoria para dotar as aulas destes centros de equipamentos tecnolóxicos como encerados dixitais e proxectores.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Basauri pide colaboración cidadá para deseñar o seu plan de éuscaro
Para o deseño do Plan estratéxico de éuscaro de Basauri organizouse un proceso de participación veciñal, cun cuestionario do que se recibiron 65 respostas e catro mesas de traballo ás que acudiron 40 persoas, así como dinámicas específicas para a mocidade.
Fonte: Ayuntamiento de Basauri
O Goberno vasco convoca unha nova edición do programa Lanhitz para impulsar o éuscaro no sector privado

Destinaranse 2,2 millóns de euros a esta convocatoria, 200 000 máis que á do ano pasado. O obxectivo do programa Lanhitz é incrementar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo do sector privado.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Vitoria-Gasteiz aproba o novo Plan de normalización do uso do éuscaro
O Plan de normalización do uso do éuscaro ten como obxectivo garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e permitir as comunicacións co Concello en calquera das linguas oficiais.
O X Foro de Empresas Arabesas subliña o valor que lles achega o éuscaro ás súas compañías
As compañías presentes neste foro coñeceron as experiencias de 28 empresas e axentes económicos e abordaron os pasos que se deben dar para impulsar o uso do éuscaro a partir destas boas prácticas.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín