España
Crean un buscador que aglutina a oferta de actividades extraescolares en éuscaro en Pamplona e comarca

A asociación Sortzen Gurasoak creou o buscador Jauzi.eus co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro no tempo de lecer. Esta web inclúe a oferta de actividades extraescolares de oitos centros de Infantil e Primaria e catro concellos.
Fonte: Noticias de Navarra
Ningún centro público se acolle ao plan de libre elección lingüística do Goberno balear
Ningún dos 221 centros públicos das Illas Baleares vai adherirse ao Plan piloto de libre elección de lingua impulsado polo Goberno do arquipélago.
Fonte: Diari de la Llengua
Vitoria-Gasteiz acolle unha manifestación para esixirlle ao Goberno vasco que coloque o éuscaro no centro das políticas audiovisuais
Esta mobilización reclamáballe ao Goberno vasco un cambio nas políticas sobre cultura e sector audiovisual para que se sitúe o éuscaro no centro, así como unha oferta ampla, actualizada e atractiva de contidos nesta lingua en plataformas, EiTB ou cinemas.
Fonte: NoticiasDe
L’Espluga de Francolí acollerá o primeiro festival sobre as variantes dialectais do catalán
«Posa-hi tu l’accent» é o nome deste festival que se celebrará entre os días 27 e 29 de setembro e que pretende reunir e poñer en valor o conxunto de variantes dialectais do catalán.
Fonte: Diari de la Llengua
Pamplona acolle unha manifestación para demandar escolas infantís en éuscaro en todos os barrios
Familias de Pamplona percorreron as rúas da cidade nunha manifestación convocada por Iruñeko Euskalgintza para demandar unha educación en éuscaro desde a etapa preescolar.
Fonte: Pamplona Actual
O 15 % da poboación navarra fala éuscaro
Segundo os datos do Instituto Navarro de Estatística, correspondentes a 2022, o 15,1 % da poboación navarra fala éuscaro; o 11,3 %, enténdeo; e o 73,3 %, nin o fala nin o entende.
Fonte: EITB
As audioguías da Sagrada Familia incorporan o galego e o éuscaro
Desde o mes de maio, o galego e o éuscaro forman parte da lista de idiomas dispoñibles nas audioguías da Sagrada Familia, que ata o momento se ofrecía en 17 linguas.
Fonte: Sagrada Familia
Preséntase o Plan de uso do éuscaro da Deputación Foral de Guipúscoa
O Plan de uso do éuscaro (2023-2027) sinala catro retos para estes anos: xestión xeral do éuscaro, liderado, cláusulas lingüísticas e lingua de creación.
O novo decreto educativo de Cataluña obriga a acreditar un C2 de catalán para exercer a docencia
O Goberno de Cataluña aprobou o Decreto de réxime lingüístico do sistema educativo que pretende outorgarlles máis seguridade xurídica aos proxectos lingüísticos dos centros. No texto fíxase o catalán como lingua vehicular na aula e nas actividades extraescolares.
Fonte: Diari de la Llengua
Crean a primeira plataforma de traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro
Trebe Language Technologies é unha startup con sede en Donostia que lle ofrece á súa clientela traducións, transcricións e síntese de voz en éuscaro e que aposta tamén polas linguas cooficiais como o catalán ou o galego.
Fonte: Estrategia
Boletín
Subscríbase ao boletín