España
Dúas campañas buscan fomentar o uso do valenciano entre a mocidade
A Academia Valenciana da Lingua organiza dúas novas campañas para incrementar o uso do valenciano entre a poboación, especialmente entre a mocidade: “En valencià” e “Começa”.
Fonte: Actualidad Valencia
O Boletín Oficial das Illas Baleares publica o Plan piloto de elección de lingua nos centros educativos
Este Plan piloto aplicarase de maneira progresiva a partir do vindeiro curso nos centros educativos que se adhiran voluntariamente e busca que ao finalizar o ensino obrigatorio o alumnado sexa competente no uso do catalán e o castelán.
Fonte: Ara Balears
O Goberno de Navarra convoca axudas para que as entidades locais realicen proxectos de promoción do éuscaro
Esta convocatoria de axudas, dotada con 933 000 euros, servirá para financiar en 2024 programas que fomenten o uso e a promoción social do éuscaro en todos os ámbitos; incrementen o número de falantes; prestixien a lingua; e aumenten os servizos en éuscaro que ofrece a Administración.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Vitoria-Gasteiz aproba o Plan de acción para a promoción do uso do éuscaro

Este plan inclúe 68 medidas para impulsar o uso do éuscaro en Vitoria-Gasteiz ata o ano 2028 e ten como obxectivo definir os retos en materia de lingua e establecer as liñas de traballo para cada ámbito: socioeconómico; lecer e tempo libre; educación e transmisión familiar; e euscaldunización de persoas adultas.
Benidorm acolle un programa de turismo accesible en lingua de signos
Benidorm vai converterse no epicentro do turismo accesible e inclusivo en España grazas a unha iniciativa que ten como obxectivo incrementar a escasa oferta de turismo adaptada ás necesidades da comunidade xorda.
Fonte: Diari de la DisCapacitat
Nace unha asociación para promover o uso do catalán no ámbito sanitario
A Associació Metges-Salut pel Català nace para promover o uso do catalán no ámbito da saúde. Entre as súas propostas figuran un plan de acollida para residentes ou a creación dunha figura para velar pola aplicación da política lingüística en cada centro.
Fonte: Públic
A Generalitat de Cataluña abre o prazo para solicitar axudas para a incorporación do catalán en películas e series

As plataformas dixitais poderán solicitar axudas para a incorporación do catalán, o occitano e a lingua de signos catalá en longametraxes e series. Estas axudas enmárcanse na acción do Goberno para incrementar a presenza do catalán no ámbito audiovisual.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Goberno vasco financiará a gratuidade da aprendizaxe do éuscaro
Destinarase unha partida de 3,7 millóns de euros para subvencionar o proceso de aprendizaxe do éuscaro do alumnado dos euskaltegis da Comunidade Autónoma Vasca que obteña o A1, A2, B1, B2, C1 e C2.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco lanza a convocatoria Euskalgintza para a promoción, o desenvolvemento e a normalización do éuscaro
A convocatoria Euskalgintza, á que se destinarán 1 704 000 euros, está destinada a persoas físicas ou xurídicas privadas dedicadas á promoción, ao desenvolvemento ou á normalización do éuscaro na sociedade.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Vitoria-Gasteiz lanza unha convocatoria para que a mocidade poida desenvolver propostas creativas en éuscaro
A bolsa Gazte Sortzaileak, que conta cunha dotación económica de 18 000 euros, está dirixida a persoas de 16 a 35 anos e ten como obxectivo fomentar a creación en éuscaro.
Boletín
Subscríbase ao boletín