España

Dous films do coreano Hong Sang-soo serán as próximas estreas en catalán nos cinemas

Os filmes El nostre dia e In water do director coreano Hong Sang-soo serán as próximas estreas en catalán no cinema. A dobraxe e a subtitulación destas producións contan co apoio da Secretaría de Política Lingüística. No que vai de ano 2024, dobráronse ou subtituláronse en catalán 43 longametraxes. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Universidade de Estremadura e unha universidade chinesa crean un instituto para profundar no coñecemento do chinés e o español

A Universidade de Estremadura e a Universidade de Educación de Chongqing (China) crearon o Instituto Panda co que se pretende intensificar as relacións entre ambas institucións e continuar coa cooperación educativa, así como afondar no coñecemento do chinés e o español e as súas culturas.

Fonte: Onda Cero

Estremadura

A Universidade de Huelva lanza os seus cursos de linguas estranxeiras para o curso 2024-2025

O Servizo de Linguas Modernas (SLM) da Universidade de Huelva publicou a súa oferta de cursos 2024-2025 de linguas estranxeiras en dúas modalidades: presencial e en liña.

Fonte: Aula Magna

Andalucía

O uso do catalán medra no sector empresarial

A lingua catalá está cada vez máis presente nas comunicacións e os produtos das grandes empresas grazas ao Emmarca't, un proxecto que aproxima a lingua catalá ás grandes marcas por medio de estratexias de márketing baseadas na proximidade e na satisfacción da clientela.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat recorre a suspensión do decreto que regula o uso das linguas nas escolas catalás

O Goberno da Generalitat de Cataluña recorreu a suspensión por parte do Tribunal Superior de Xustiza do decreto que regula o uso das linguas nas escolas catalás.

Fonte: El País

Cataluña

A Xunta de Estremadura autoriza un plan que introduce a aprendizaxe da lingua portuguesa en novos centros de ensino

A Consellaría de Educación, Ciencia e Formación Profesional de Estremadura autorizará 27 centros educativos a implantaren o Plan Portugal durante o próximo curso 2024-2025. Trátase dun programa que facilita a impartición do portugués en diferentes centros educativos, principalmente no ensino primario.

Fonte: Junta de Extremadura

Estremadura

A UAB ofrece un curso sobre lingua e literatura pali

A Facultade de Tradución e Interpretación da UAB impartirá a primeira edición do curso en liña Introdución á Lingua e á Literatura Pali. Trátase dunha aproximación á lingua empregada nos textos máis antigos do budismo, como os famosos discursos de Buda.

Fonte: UAB

Cataluña

O Goberno en minoría das Illas Baleares seguirá co seu plan de libre elección de lingua no ensino

A pesar da recente ruptura da coalición que PP e Vox tiñan no Goberno das Illas Baleares, o executivo balear declarou que seguirá adiante co seu plan de libre elección de lingua no ensino.

Fonte: Onda Cero

Illas Baleares

Cineastas asturianos unen as súas voces para pedir a oficialización do asturiano e o eonaviego

Un total de 35 cineastas asinaron un manifesto para demandar unha reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias e permitir que o asturiano e o eonaviego sexan considerados idiomas oficiais.

Fonte: El Diario

Asturias

Tres establecementos comerciais de Vitoria-Gasteiz reciben un premio polo seu apoio ao éuscaro

O Concello de Vitoria-Gasteiz premiou por sorpresa dous comercios e unha asociación polo seu labor diario a prol do éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder