España
A Deputación de Zaragoza reivindica a riqueza lingüística de Aragón cun programa de actividades
Este amplo programa está composto por máis de 25 actividades entre as que figuran charlas, presentacións, proxeccións... que se desenvolverán en diversas localidades da provincia de Zaragoza.
Fonte: Hoy Aragón
O Goberno de Navarra presenta unha campaña de impulso da aprendizaxe do éuscaro entre a poboación infantil

Baixo o lema «Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!», esta campaña de fomento do éuscaro entre a poboación infantil desenvolverase entre o 17 e o 28 de febreiro.
Fonte: Gobierno de Navarra
Bilbao acollerá un campus sobre cultura dixital en éuscaro

O Concello de Bilbao e a Fundación Azkue organizan «Hala, Birala! Kanpusa», un campus en éuscaro sobre cultura dixital no que se tratarán temas como a técnica de animación stop motion, videoxogos en éuscaro, usos e comportamentos axeitados nas redes sociais e edición de vídeos.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
O Pleno do Parlamento de Navarra rexeita unha moción para crear un sistema de indicadores da demanda de servizos en éuscaro
Nesta moción instábase o Goberno de Navarra a poñer en marcha un sistema de indicadores da demanda de servizos en éuscaro en toda a comunidade foral nos ámbitos administrativo, cultural, sanitario, educativo, do lecer e outros análogos.
Fonte: Gente
Publícanse dous cómics para poñer en valor a diversidade lingüística e cultural valenciana
A Deputación de Valencia e a Academia Valenciana da Lingua publican Maig a Xulilla. La Enramá e El tresor d'Al-Buferet. Una travessia en vela llatina, dúas historias en formato cómic que teñen como obxectivo dar a coñecer a diversidade lingüística e cultural da provincia.
Fonte: Gente
Un total de 2700 profesionais do ámbito sanitario participa no programa formativo para mellorar as súas competencias en catalán
A Generalitat de Cataluña puxo en marcha un programa formativo de lingua catalá destinado aos profesionais da saúde, que recibirán 100 horas de formación gratuíta en modalidade virtual para mellorar as súas habilidades comunicativas neste idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As persoas privadas de liberdade nas prisións vascas recibirán clases de éuscaro
O Goberno vasco asina un acordo co Instituto de Alfabetización e Reeuscaldunización de Adultos-HABE para o ensino do éuscaro nos tres cárceres vascos para o que destinará unha partida de 100 000 euros en 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
Ponse en marcha nas Illas Baleares unha campaña para explicarlles ás familias a oportunidade que supón aprender catalán
A Xarxa Educativa per la Llengua pon en marcha esta campaña informativa pola que repartirán polos centros educativos folletos traducidos en nove linguas, entre elas, chinés, árabe, italiano, francés, alemán ou inglés.
Fonte: Última Hora
Actualízase a guía para aprender catalán desde o urdú

A Generalitat de Cataluña reedita a guía Aprenem català des de l’urdú, unha actualización que ten como obxectivo ofrecerlles unha versión renovada ás persoas falantes de urdú que queren aprender catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco crea un premio para recoñecer o labor de persoas que traballan a prol da normalización do éuscaro

O premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz ten como obxectivo recoñecer as iniciativas a favor do éuscaro impulsadas no ámbito deportivo por asociacións e particulares. Na súa primeira edición o galardón vai para o psicólogo Aritz Olagoi.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín