España
A Comunidade de Madrid incorpora 19 linguas máis ao sistema de tradución simultánea dos centros de saúde
O Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS) ampliou o seu servizo de interpretación a 65 idiomas, incluíndo novas linguas como amhárico, bangla ou vietnamita. Este servizo, dispoñible en consultas presenciais e puntos de atención continuada, facilita a comunicación entre médicos e pacientes e mellora a comprensión de diagnósticos e tratamentos. Tamén permite a tradución de informes clínicos e documentos sanitarios, o que garante unha atención integral e accesible para persoas de diversas orixes lingüísticas.
Fonte: Comunidad de Madrid
O Concello de Xixón prepara un plan que aproveita a intelixencia artificial para promover o uso do asturiano

O Concello de Xixón planea un novo proxecto que integra a intelixencia artificial (IA) para promover o uso do asturiano. O plan inclúe a creación dunha guía sobre o uso da IA no contexto asturiano, colaboracións con empresas tecnolóxicas para aumentar a presenza do idioma nos seus servizos, campañas en redes sociais e o apoio a iniciativas culturais e educativas en asturiano. Con estas accións, Xixón busca situarse como referente na preservación e normalización da lingua.
Fonte: El Blog
A Generalitat de Cataluña incrementa un 35 % as axudas para fomentar o catalán no ámbito universitario

A convocatoria de axudas Interlingua increméntase ata os 1,5 millóns de euros para fomentar o catalán, o aranés, a lingua de signos catalá e outras terceiras linguas no ámbito universitario.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Congreso aproba a lei que permitirá as linguas cooficiais no Supremo ou na Audiencia Nacional

O pleno do Congreso dos Deputados aprobou sen ningún voto en contra a Lei Orgánica que permitirá que se poidan empregar as linguas cooficiais nos tribunais, incluído o Supremo e a Audiencia Nacional.
Fonte: Valencia Plaza
A Universidade da Rioxa ofertará cursos e organizará exames de certificación de lingua chinesa
A Casa das Linguas da Universidade da Rioxa porá en marcha o próximo curso académico a Aula Confucio que ofertará programas de iniciación á lingua chinesa. Ao mesmo tempo, a entidade eduativa organizará sesións de certificación desta lingua.
Fonte: La Rioja
A metade dos valencianos non usa nunca a lingua vernácula
Os datos do InformeCat 2024, elaborado por Plataforma pola Lingua revelan que o 55,4 % das persoas censadas na Comunidade Valenciana non usan nunca a lingua vernácula e un 50,2 % non a usan coas amizades.
Fonte: El Debate
Só unha de cada seis familias escolle o castelán como primeira lingua de instrución nas Illas Baleares
O Goberno das Illas Baleares informou de que o 78,5 % das familias escolleron o catalán como primeira lingua de instrución para os seus fillos e fillas para o curso 2024-2025 no segundo ciclo de educación infantil. Só o 16% restante escolleu o castelán.
Fonte: Diario de Mallorca
A Raíña Letizia participa na Reunión Anual de directores do Cervantes
A Raíña Letizia participará na Reunión Anual de Directores do Instituto Cervantes, a primeira que se celebra en Cataluña e na que tamén intervirán os ministros de Asuntos Exteriores e de Cultura, José Manuel Albares e Ernest Urtasun. Ademais, participarán no encontro máis de 80 responsables do Instituto, entre equipo directivo en España e directores de centros no exterior.
Fonte: The Diplomat
A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana quere fomentar o uso do valenciano en teatros e librarías
A Consellaría de Educación, Cultura, Universidades e Emprego da Generalitat Valenciana abriu o prazo para solicitar axudas para o fomento e visibilización do valenciano en salas de teatro e librarías.
Fonte: Valencia Plaza
O Concello de Xixón non inclúe o asturiano na súa aplicación móbil
A asociación Iniciativa pol Asturianu critica que o Concello de Xixón non incluíse a opción de lingua asturiana na súa aplicación móbil de información cidadá.
Fonte: Mi Gijón
Boletín
Subscríbase ao boletín