España
A segunda fase do proxecto LEIA centrarase na creación de ferramentas para a proxección do español no ámbito da IA
A RAE está inmersa na segunda fase do proxecto LEIA na que se desenvolverán ferramentas, tecnoloxías e aplicacións para a proxección e o uso do español no ámbito da intelixencia artificial que se traducirá na creación dun observatorio de neoloxismos, tecnicismos, termos e variacións do español, e doutras ferramentas, como reposta a consultas lingüísticas, entre moitas outras.
Fonte: Real Academia Española
O Goberno vasco crea unha plataforma dixital para o ensino e a aprendizaxe do éuscaro

A plataforma dixital Ingura ofrecerá a posibilidade de aprender éuscaro desde calquera dispositivo, en calquera momento e lugar, de forma cómoda e flexible a través de exercicios baseados en vídeos. Así mesmo, permitirá un modelo titorizado moderno adaptado ás necesidades de aprendizaxe actuais.
Fonte: Gobierno Vasco
A Generalitat de Cataluña abre o prazo de solicitude de axudas para a incorporación do catalán en produtos tecnolóxicos
Estas axudas, destinadas a empresas para a incorporación do catalán en produtos tecnolóxicos de diferentes ámbitos, teñen como obxectivo aumentar a oferta nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Organízanse colonias de verán para nenas e nenos do tres territorios onde se fala éuscaro

Os Gobernos vasco e navarro e o Organismo Público do Éuscaro organizan colonias de verán para nenas e nenos de entre 9 e 15 anos de todos os territorios onde se fala esta lingua. O obxectivo desta iniciativa é que utilicen o éuscaro na comunicación diaria fóra do ámbito escolar e en contextos lúdicos.
Fonte: Gobierno Vasco
Ponse en marcha unha campaña para incrementar as matrículas en Filoloxía Catalá
Baixo o lema «Pren la paraula. Tria Filologia Catalana», esta campaña busca promocionar os estudos de Filoloxía Catalá ante a crecente necesidade de profesionais neste ámbito, debido ás xubilacións das primeiras promocións e aos cambios sociodemográficos dos últimos anos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade de Zaragoza presenta unha investigación sobre o uso da lingua aragonesa
Para a realización desta investigación tomáronse como base máis 1000 enquisas realizadas en 2023 en 60 municipios da provincia de Huesca e do norte da de Zaragoza. Trátase do primeiro estudo de carácter sociolóxico centrado no uso do aragonés.
Fonte: Ronda Somontano
O Foro de Empresas de Áraba reúnese para tratar a implantación do éuscaro nas empresas
Este foro, que traballa para impulsar o uso do éuscaro nas empresas, celebrou un encontro para informar sobre as ferramentas dispoñibles para a promoción desta lingua, en concreto, sobre os servizos de asesoramento lingüístico ou as axudas existentes para a súa implantación.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Un total de 115 candidaturas optan a converterse en finalistas da nova edición dos Premios Martí Gasull i Roig
Estes premios recoñecen persoas, entidades e empresas que destacan pola súa defensa ou promoción da lingua catalá. Escolleranse tres finalistas entre 115 candidaturas propostas.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Celébrase nas Illas Baleares unha nova edición do Festival de Manga e Anime en catalán

Organizado polo Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) coa colaboración doutras entidades, este festival ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade a través do cine anime e o cómic manga.
Fonte: Diario de Mallorca
A asociación Criosanabria organiza un concurso literario para revitalizar o senabrés
Baixo o lema «Senabrés, a nuesa llengua», convócase un concurso de relatos en senabrés que ten como obxectivo poñer en valor esta lingua, variante do asturleonés, e fomentar o seu uso.
Fonte: Zamora News
Boletín
Subscríbase ao boletín