España
Un ciclo de curtametraxes en éuscaro percorrerá 35 localidades do País Vasco
O ciclo de curtametraxes Laburbira comeza o 12 de abril en Bergara e remata o 12 de maio en Markina-Xemein, un mes no que se proxectarán oito películas.
Fonte: EITB
A campaña de dinamización lingüística «Aquí tamén se fala galego» chega a Ponferrada

O Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras levou a iniciativa «Aquí tamén se fala galego» a unha librería de Ponferrada, que exhibe na súa entrada o cartel da campaña.
Fonte: La Región
Persoal sanitario de Menorca súmase á campaña «Sanitaris per la Llengua»
O persoal sanitario de Menorca portará distintivos nas súas batas que identifiquen os profesionais que falan catalán, unha iniciativa que xa se levou a cabo en Mallorca.
Fonte: Menorca
Arredor de 3700 profesionais do ámbito sanitario comezan os cursos de catalán que ofrece a Generalitat de Cataluña
Un total de 3711 profesionais sanitarios comezan os cursos en liña de catalán que teñen como obxectivo que aprendan e melloren o seu nivel de lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntase un informe de medición do uso do éuscaro nas rúas de Lezo
O informe de medición do uso do éuscaro nas rúas de Lezo, realizado por Soziolinguistika Klusterra no outono de 2023, mostra datos preocupantes, cuns dos niveis de uso desta lingua máis baixos dos últimos vinte anos.
Fonte: Lezoko Udala
O Concello de Arrigorriaga aproba o novo Plan de normalización do uso do éuscaro
Este novo plan, así como os criterios de política lingüística, aprobáronse por unanimidade no pleno do Concello e estarán vixentes ata o 2027. O seu obxectivo é garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e que o éuscaro sexa lingua de servizo e traballo no Consistorio.
Fonte: Ayuntamiento de Arrigorriaga
Convócase o concurso para a adxudicación do contrato dos servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado para o Congreso
A Mesa do Congreso convocou o concurso para a adxudicación dun contrato, cuxo prezo máximo se fixou en 12,5 millóns de euros ata 2027, de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais na Cámara Baixa.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade Pública de Navarra e a Asociación Cultural de Wikipedistas Vascos asinan un convenio para nutrir a Wikipedia en éuscaro

Ambas as institucións asinaron un convenio cuxa finalidade é dotar de contido a Wikipedia en éuscaro. Así, a Universidade Pública de Navarra fomentará a participación do profesorado, para que colabore co alumnado na produción de textos de calidade nesta lingua, mentres que a asociación prestará apoio técnico e asesoramento.
O coñecemento do catalán deixa de ser un requisito para traballar no Concello de Palma
O Pleno do Concello de Palma aprobou que o catalán deixe de ser un requisito para traballar no consistorio, unha norma que afectará tanto ao persoal do Concello como ao das empresas municipais.
Fonte: Diari de la Llengua
O Goberno do Principado convoca nove premios literarios e artísticos en lingua asturiana
Estes galardóns literarios e artísticos, que recoñecen as mellores obras en nove disciplinas, teñen como obxectivo impulsar o uso e a promoción das linguas propias de Asturias.
Boletín
Subscríbase ao boletín