España
O Foro de Empresas de Áraba reúnese para tratar a implantación do éuscaro nas empresas
Este foro, que traballa para impulsar o uso do éuscaro nas empresas, celebrou un encontro para informar sobre as ferramentas dispoñibles para a promoción desta lingua, en concreto, sobre os servizos de asesoramento lingüístico ou as axudas existentes para a súa implantación.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Un total de 115 candidaturas optan a converterse en finalistas da nova edición dos Premios Martí Gasull i Roig
Estes premios recoñecen persoas, entidades e empresas que destacan pola súa defensa ou promoción da lingua catalá. Escolleranse tres finalistas entre 115 candidaturas propostas.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Celébrase nas Illas Baleares unha nova edición do Festival de Manga e Anime en catalán

Organizado polo Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) coa colaboración doutras entidades, este festival ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade a través do cine anime e o cómic manga.
Fonte: Diario de Mallorca
A asociación Criosanabria organiza un concurso literario para revitalizar o senabrés
Baixo o lema «Senabrés, a nuesa llengua», convócase un concurso de relatos en senabrés que ten como obxectivo poñer en valor esta lingua, variante do asturleonés, e fomentar o seu uso.
Fonte: Zamora News
O Concello de Condado de Treviño ampliará as actividades extraescolares en éuscaro
A ampliación das actividades extraescolares en éuscaro responde a unha demanda da cidadanía e da ANPA do centro educativo, no que esta lingua só pode ensinarse fóra do horario escolar.
Fonte: Diario de Burgos
Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na localidade leonesa de Cacabelos na XVI edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León, entre outras entidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entréganse os VII premios Agora x l’aragonés que recoñecen os mellores traballos audiovisuais en lingua aragonesa
Estes galardóns recoñecen os mellores traballos gravados, subtitulados ou dobrados ao aragonés. Na categoría xeral o premio foi para Luz de setiembre e na escolar, para Pende de ros 2/Depende de los 2.
Fonte: El Cruzado
A lingua de signos catalá conta xa cun programa para o ensino e a avaliación dos coñecementos básicos
A Generalitat de Cataluña presentou o programa, acompañado dunha proposta didáctica, da lingua de signos catalá do nivel básico (A2) no que se definen as competencias lingüísticas e comunicativas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña incrementa os recursos destinados á dobraxe e á subtitulación en catalán

O Goberno de Cataluña destinará 6,9 millóns de euros, a dotación máis elevada da historia, ás subvencións de dobraxe e subtitulación en catalán co obxectivo de chegar a máis espectadores e de que esta lingua estea presente nas principais plataformas dixitais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Conmemórase o Día do Galego no Bierzo
Ao abeiro desta conmemoración, celébranse as XVI Xornadas Martín Sarmiento e preséntase o primeiro Dicionario do Galego do Bierzo. Así mesmo, farase entrega do IV Premio Antonio Fernández Morales.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín