España
Denuncian a substitución da denominación galego-asturiano por eonaviego
A asociación Axuntar reclámalle ao Goberno do Principado que garanta o respecto pola denominación de galego-asturiano, que é a que recolle a Lei 1/1998, do 23 de marzo, de uso e promoción do asturiano.
Fonte: Nós Diario
Preséntanse os resultados dunha enquisa sobre o uso e o coñecemento do valenciano nalgunhas zonas de Alacant
A Academia Valenciana da Lingua presentou os resultados dunha enquisa sobre uso e coñecemento do valenciano e actitudes lingüísticas realizada nos municipios de Elx, Crevillent e Santa Pola na que destaca o baixo nivel de coñecemento desta lingua.
Fonte: El Periòdic
Convócanse os premios literarios Mallorca Joven para fomentar o léxico das “rondalles”
O Consell de Mallorca convocou a primeira edición dos premios literarios Mallorca Joven, destinados ao alumnado de ESO e Bacharelato, co obxectivo de fomentar o uso do léxico das rondalles e a lingua propia.
Fonte: Gente
Os artigos sobre vocabulario deportivo na Viquipèdia en catalán increméntanse grazas á última edición do Viquimarató
O Viquimarató da lingua catalá, celebrado do 23 ao 29 de novembro e que contou coa participación de máis de cen persoas voluntarias, serviu crear e editar artigos da Viquipèdia en catalán sobre vocabulario deportivo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco convoca subvencións para incrementar o uso do éuscaro nos medios que usan principalmente o castelán

Esta convocatoria de axudas para o ano 2024, dotada dun millón de euros, está destinada a incrementar o uso do éuscaro nos medios de comunicación que utilizan principalmente o castelán e nas axencias de noticias que tamén emiten en éuscaro a través de internet.
Fonte: Gobierno Vasco
O plan de elección de lingua do Goberno balear só se aplicará se o solicita o 20 % da clase
Os centros públicos e concertados que queiran sumarse ao plan piloto de elección de lingua deberán cumprir unha serie de requisitos, como que en Primaria cada clase teña un mínimo do 20 % de solicitantes para facer Matemáticas ou Coñecemento do Medio en castelán.
Fonte: Última Hora
Preséntase nas Cortes valencianas a nova lei de plurilingüismo para o sistema educativo
A Lei de liberdade educativa, que previsiblemente entrará en vigor no curso 2025-2026, recupera a dobre liña en valenciano e castelán, pola que o alumnado de zonas castelanfalantes pode evitar examinarse da materia de valenciano.
Fonte: Valencia Plaza
Docentes de Lingua Asturiana e Literatura piden incluír esta materia desde a Educación Infantil
Un cento de docentes de Lingua Asturiana e Literatura asinou un manifesto no que alertan dos prexuízos que suporía a redución dun 50 % das medias xornadas e no que propoñen diferentes medidas para solucionalos, como a oferta desta materia tamén en Educación Infantil.
Fonte: La Voz de Asturias
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo demanda a presenza do galego na exposición «Las Edades del Hombre»
A exposición «Las Edades del Hombre» chegará a Vilafranca no mes de xuño. Por este motivo, o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo reclama a presenza do galego na mostra a través dunha campaña en redes sociais para que os internautas se sumen a esta petición.
Fonte: Bierzo Diario
O Palau da Música e o CPNL colaborarán no fomento da lingua catalá
Ambas as entidades formalizaron o seu compromiso para seguir colaborando coa renovación dun convenio de colaboración cuxo obxectivo é a promoción de actividades culturais entre o alumnado dos cursos de catalán, as persoas participantes no Voluntariado pola Lingua e o persoal do CPNL.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín