España
O municipio de Mequinenza acolle unha concentración en defensa do aragonés e o catalán de Aragón
O concello zaragozano de Mequinenza reuniu máis de 300 persoas das tres provincias nun acto para defender o uso do aragonés e o catalán de Aragón como linguas propias.
Fonte: El Nacional
O catalán sitúase como unha das linguas máis utilizadas en internet

O catalán entrou na clasificación das 40 linguas máis utilizadas en internet, elaborada polo consorcio internacional World Wide Web Consortium (W3C), na que se sitúa no posto 35, cun 0,1 % de uso.
Fonte: El Nacional
O Instituto de Estudos Baleáricos convoca axudas para proxectos lingüísticos e culturais
As axudas, cuxo orzamento se eleva aos 620 000 euros, van dirixidas, entre outros, á proxección exterior da cultura balear; á creación en diferentes disciplinas artísticas e literarias; ou ao fomento do uso do catalán.
Fonte: Última Hora
O Goberno vasco convoca subvencións para proxectos audiovisuais en éuscaro
O Goberno vasco destinará 500 000 euros a promover a creación de proxectos xerados en éuscaro, que poderán ser longametraxes, series ou miniseries, durante o exercicio 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Alcoi ofrécelle a toda a poboación do municipio e a comarca un espazo semanal de conversa en valenciano
Co obxectivo de crear oportunidades de vivir en valenciano, ponse en marcha este espazo multixeracional e multicultural para conversar nesta lingua, gratuíto e de asistencia libre aberta a toda a poboación.
Fonte: Ajuntament d'Alcoi
España desenvolverá un modelo de intelixencia artificial adestrado en todas as linguas oficiais

O presidente do Goberno anunciou en Barcelona o desenvolvemento dun gran modelo fundacional de linguaxe de intelixencia artificial adestrado especificamente en español e no resto de linguas cooficiais, en código aberto e transparente.
Fonte: Código Cero
A Generalitat de Cataluña convoca un novo concurso de declaracións de amor en catalán

Optimot, o servizo de consultas lingüísticas, organiza, como cada ano, un concurso para celebrar o seu aniversario, que este ano estará centrado en declaracións de amor que deberán enviar os participantes a través de X ou de Instagram.
Fonte: Generalita de Catalunya
O Concello de Barcelona creará unha comisión para fomentar a presenza do catalán no contorno dixital

Co obxectivo de promover o uso do catalán entre a mocidade, o Plenario do Consello Municipal aprobou unha proposta para crear unha comisión non permanente para impulsar a presenza desta lingua no contorno dixital e nos novos formatos tecnolóxicos.
Fonte: Ajuntament de Barcelona
Un estudo advirte do incremento da desigualdade lingüística e de presións contra o valenciano
Segundo o estudo Índice de Desigualdad Lingüística (IDL) de las regiones sociolingüísticas valencianas, impulsado pola Fundación Nexe, apréciase unha tendencia cara á desigualdade lingüística ao tempo que existen presións sociais e políticas contra o uso do valenciano.
Fonte: Gente
O Concello de Barcelona inclúe a promoción do catalán como criterio para a convocatoria de subvencións
A promoción do uso social do catalán en Barcelona incluirase como obxectivo transversal no próximo Plan estratéxico de subvencións do Concello. Con esta medida búscase favorecer a presenza desta lingua en todos os proxectos.
Fonte: El Nacional
Boletín
Subscríbase ao boletín