España

A Generalitat de Cataluña sinala que o 70 % das medidas pola lingua catalá están cumpridas ou en desenvolvemento

O Goberno de Cataluña fixo balance da iniciativa «El català, llengua de país», do que se desprende que 52 medidas cumpriron xa os seus obxectivos; 22 están en fase de desenvolvemento avanzado e 20, en desenvolvemento medio; catro en execución iniciada; e dúas en tarefas preliminares.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno vasco aproba o novo plan de éuscaro para os vindeiros dez anos

O novo plan, denominado Aroa. Marco estratégico para la revitalización del euskera y empoderamiento de las personas vascohablantes, ten como obxectivo responder aos cambios sociais e fortalecer unha comunidade de falantes de éuscaro activa e apoderada.  

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Barakaldo aproba o Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro

O novo Plan estratéxico de normalización do uso do éuscaro, que terá unha vixencia ata o ano 2027, é froito da participación do persoal técnico de diferentes áreas e organismos municipais, así como responsables políticos do Concello.  

Fonte: En Barakaldo

País Vasco

Persoal sanitario das Illas Baleares crea un decálogo para fomentar o uso do catalán na sanidade

A plataforma Sanitaris per la Llengua, formada por máis de 300 profesionais do arquipélago balear, presentou un decálogo para fomentar o uso do catalán no ámbito sanitario.

Fonte: Noticias de Salud

Illas Baleares

O Concello de Lezo traballa na elaboración do seu sétimo Plan de normalización do uso do éuscaro

O Concello de Lezo presentoulle ao seu persoal este novo plan, que comezará coa elaboración dun diagnóstico para coñecer o uso e a xestión lingüística actual.

Fonte: Lezoko Udala

País Vasco

Ponse en marcha nas Illas Baleares o servizo de asesoramento lingüístico no ámbito da xustiza

O Instituto de Estudos Baleáricos puxo en marcha este servizo gratuíto no marco da campaña «La justícia, també en català» que ofrece axuda na resolución de dúbidas e consultas sobre o uso da lingua catalá.

Fonte: Gente

Illas Baleares

As familias baleares poderán escoller a lingua vehicular ata os seis anos de escolarización

A partir do vindeiro curso, as familias poderán escoller a lingua vehicular na primeira escolarización. Así mesmo, desde o curso 2025-26 implantarase o plan piloto para a libre elección de lingua no resto dos cursos.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Nace unha plataforma en defensa do valenciano formada por 26 colectivos

A plataforma -Nos nace co obxectivo de defender e promover o valenciano, así como vixiar que a Administración autonómica cumpra a súas obrigas de protexelo e respectalo como sinala o Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana.  

Fonte: Alicante Plaza

Comunidade Valenciana

Unha nova ferramenta impulsará a difusión internacional da literatura en éuscaro e a súa tradución a outras linguas

Etxepare Euskal Institutua presentou esta nova ferramenta que busca a difusión internacional da literatura en éuscaro e o fomento da súa tradución a outras linguas a través dun portal con mostras literarias traducidas ao francés ou ao inglés.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Ministerio de Cultura incluirá o aragonés e o asturiano na súa programación

O ministro de Cultura sinalou que incluirá o aragonés e o asturiano na programación do seu departamento e mostrou a súa vontade de difundir e protexer a diversidade cultural e lingüística de España.

Fonte: La Voz de Asturias

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder