España
O éuscaro só estivo presente no 2,5 % dos filmes que se estrearon en 2023
O éuscaro tivo unha presenza do 2,48 % nas salas de cine comerciais en 2023, o que significa que das 563 películas estreadas o pasado ano, só 14 se emitiron en versión orixinal en éuscaro, ou dobradas ou subtituladas nesta lingua.
Fonte: EITB
O Concello de Abanto Zierbena aproba un plan de fomento do éuscaro
O plan para fomentar o emprego do éuscaro no Concello de Abanto Zierbena ten previstos tres retos para os vindeiros anos: ofrecer os servizos en éuscaro, incrementar o seu uso oral entre o persoal e os responsables políticos, e impulsar unha correcta xestión do plan de uso.
Fonte: EnAbantoZierbena
A Generalitat de Cataluña e 3Cat impulsan unha plataforma de contidos educativos en catalán

Esta plataforma de contidos educativos audiovisuais en catalán comezará a funcionar en maio e será de acceso universal e gratuíto para a comunidade educativa. Trata temas como matemáticas, historia, arte etc. e ten como obxectivo proporcionar recursos de calidade para as aulas, así como impulsar a lingua.
Fonte: El Món
Profesionais da saúde participan en obradoiros de sensibilización lingüística organizados pola Generalitat de Cataluña
Máis de corenta profesionais da saúde das Terres de l'Ebre participan nestes obradoiros, cuxo obxectivo é fomentar boas prácticas de atención ás persoas usuarias, especialmente en relación cos seus dereitos lingüísticos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Propoñen unha reforma da Lei da comarca do Bierzo na que se introduza o recoñecemento do galego
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo proporá unha reforma da Lei da comarca do Bierzo na que se introduza un recoñecemento parcial do galego no que respecta ao seu uso administrativo, así como a creación dun servizo lingüístico que fomente o seu emprego nos entes locais.
Fonte: La Nueva Crónica
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para a edición de libros de especial interese en catalán ou aranés
Esta liña de axudas para 2024 está destinada á edición de libros de especial interese cultural ou de temas e xéneros pouco frecuentes en catalán ou aranés.
Fonte: Xarxanet
Retómase en Menorca «La llengua camina», unha iniciativa de fomento do catalán a través de excursións
O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) retoma en Menorca a iniciativa «La llengua camina» cuxo obxectivo é fomentar o uso do catalán a través de excursións nas que se crean espazos de socialización para practicar esta lingua.
Fonte: Gente
O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso contra o decreto que elimina o requisito do catalán na sanidade balear
Este recurso de inconstitucionalidade contra el decreto do Goberno do arquipélago que elimina o requisito de catalán da sanidade pública foi promovido pola Obra Cultural Balear e asinado por 50 deputados.
Fonte: Diario de Mallorca
O Concello de Donostia organiza cursos específicos de éuscaro para profesionais do comercio e da hostalería
Estes cursos de éuscaro para profesionais do comercio e a hostalería, que se imparten nos euskaltegis da cidade, teñen unha duración de 60 horas e un custo de 60 euros.
Fonte: Donostik
Esixen un plan de choque para fomentar un uso máis amplo do catalán no sistema educativo balear
O STEI Intersindical demándalle á Consellería de Educación e Universidades un plan de choque para promover un maior uso do catalán no sistema educativo, ademais de subliñar a necesidade de colaborar con outras entidades para fomentar esta lingua.
Fonte: Menorca al Día
Boletín
Subscríbase ao boletín