España
Unha iniciativa busca a elección da mellor noticia do ano 2023 para a lingua asturiana
Iniciativa pol Asturianu organiza a votación popular en internet para escoller a mellor noticia para o asturiano de 2023, unha consulta que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro.
Fonte: La Voz de Asturias
Segundo un informe, só a metade dos centros educativos ten como lingua base o valenciano

Segundo o último informe do Consello Escolar da Comunidade Valenciana, só a metade dos colexios ten como lingua base o valenciano, unha porcentaxe que se reduce na ESO e no Bacharelato ata o 15 % de horas nesta lingua.
Fonte: Levante EMV
A Deputación Foral de Biscaia convoca subvencións para o fomento do éuscaro en diferentes ámbitos
A institución foral destinará 1 470 000 euros para impulsar o éuscaro durante 2024 en tres áreas clave: fomento da lingua, edición de publicacións periódicas e desenvolvemento de produtos dixitais.
Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia
O castelán é nas illas Baleares a lingua de uso preferente en todos os ámbitos
Segundo os datos do Censo de Poboación realizado polo INE en 2021, máis da metade da poboación do arquipélago usa sempre o castelán no ámbito familiar, coas amizades e no traballo, uns datos que reflicten os cambios demográficos nas illas debidos á chegada de novos residentes.
Fonte: Última Hora
A Generalitat Valenciana prevé que as familias escollan a lingua vehicular dos centros educativos
A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana está considerando a posibilidade de consultar as familias sobre a lingua vehicular dos seus fillos e fillas en cada centro escolar.
Fonte: El País
"Polarización" é para a Fundéu a Palabra do Ano 2024 en castelán

A Fundación do Español Urxente (Fundéu), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu "polarización" como Palabra do Ano 2023 en lingua castelá. Esta voz, cuxo uso se estendeu nos últimos anos, está presente no dicionario da RAE desde o ano 1884.
Fonte: Fundéu
O Goberno do País Vasco está a analizar a eficacia da dobraxe automática de contidos ao éuscaro por medio da IA
Telefónica Servizos Audiovisuais (TSA) e a Sociedade Informática do Goberno Vasco (EJIE, polas súas siglas en éuscaro) anunciaron que se están a realizar probas para avaliar a viabilidade de usar a dobraxe automática de contidos audiovisuais empregando a intelixencia artificial.
Fonte: Panorama Auodivisual
A Generalitat de Cataluña destina un millón de euros a proxectos e premios para fomentar o catalán
En 2023, a Secretaría de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña destinou 890 000 euros a 116 proxectos e 160 000 euros a premios para fomentar o uso do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de 1300 persoas adultas recibiron axudas en Navarra para estudar éuscaro
O Instituto Navarro do Éuscaro (Euskarabidea) outorgoulle axudas a 1300 persoas adultas para estudaren éuscaro, un 30 % máis que o curso anterior.
Fonte: Navarra
A organización Plataforma pola Lingua das Illas Baleares controlará a visibilidade do catalán en internet
A organización non gobernamental Plataforma pola Lingua (Plataforma per la Llengua) das Illas Baleares terá agora o obxectivo de controlar a visibilidade do catalán en Google.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín