España
Convócanse axudas a proxectos de innovación e dixitalización de medios de comunicación en éuscaro

Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro convocou axudas a proxectos de innovación e dixitalización de medios de comunicación éuscaro, unha convocatoria cuxa dotación é de 246 500 euros e que ten como obxectivo facilitar a evolución tecnolóxica e a transformación dixital.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Cataluña organiza cursos de catalán para a mocidade residente no estranxeiro

Estes cursos en liña de aprendizaxe de catalán están dirixidos á mocidade de entre 12 e 17 anos que reside no estranxeiro e que xa estean familiarizados co idioma co obxectivo de que melloren as súas competencias a nivel oral e escrito.
Fonte: La Vanguardia
A nova estrutura do Goberno de Asturias incorporará por vez primeira unha Subdirección Xeral de Política Lingüística
A Subdirección Xeral de Política Lingüística analizará e proporá medidas para o desenvolvemento da lexislación relativa á normalización do uso do asturiano e do galego-asturiano, así como criterios lingüísticos en materia de contratación, publicacións, subvencións etc., entre outras funcións.
Fonte: La Voz de Asturias
A Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana
O 19 de agosto a Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana, que inclúe un amplo programa de actividades cuxo obxectivo é a posta en valor deste idioma.
Fonte: La Voz de Asturias
O Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas xa ten gañador
O gañador do XXIX Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas é Pablo X. Suárez coa obra Entamos d’onomástica pola que recibirá 900 euros e a súa publicación.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Girona recoñecerá os influencers que publiquen contidos en catalán

O Concello de Girona quere impulsar os influencers que publiquen contidos en catalán nas redes sociais co obxectivo de fomentar o uso desta lingua, así como promover a cidade.
Fonte: El Món
Reus acolle un ciclo de cinema infantil en catalán
Ao longo do mes de agosto a Fira Centre Comercial acolle un ciclo de cinema infantil en catalán que inclúe nove películas que se proxectarán os xoves ás 18.30 horas.
Fonte: Diari Més
O Concello de Laudio concede 103 bolsas para a aprendizaxe do éuscaro
O Concello de Laudio aboou os importes das 103 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas para as bolsas de éuscaro do curso 2022-2023.
Fonte: Noticias de Álava
O colectivo Agerraldia organiza unha carreira para fomentar o coñecemento do éuscaro no sur de Navarra

Baixo o nome de Santxikorrota, esta carreira polas Bardenas Reales, que se celebrará o vindeiro 1 de outubro, ten como obxectivo impulsar o coñecemento e o uso do éuscaro no sur de Navarra, así como promover actitudes positivas cara a esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Altea pon en marcha unha campaña para fomentar a lectura en valenciano

Esta campaña de promoción lectora ten como obxectivo que a cidadanía poida intercambiar libros ao tempo que se fomenta a lectura en valenciano, para o que se instalou un andel na entrada do Consistorio.
Fonte: El Periòdic
Boletín
Subscríbase ao boletín